PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO

Estanse realizando diversas accións dende o Concello de Catoira para poder poñer en valor o patrimonio do noso pobo. Unha das accións que se está executando é a recuperación de pezas de cruceiros que acabaron derrubados, ben sexa por accidentes de vehículos ou outros infortunios.
Actualmente recuperáronse as pezas dos cruceiros destruídos das Rañas, Coaxe, Arón e Portocanles, dos que se están realizando os traballos de catalogación. Estanse estudando as medidas para reintegralos ao seu lugar e dar cumprimento á lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

 

Top