É para min un orgullo ver a notable mellora socioeconómica e cultural experimentada polo pobo de Catoira nas últimas décadas: infraestruturas, benestar social, programas culturais. Melloras que repercuten na proxección e o interese que esperta a nosa vila en persoas de procedencia diversa, especialmente a Romaría Vikinga, declarada festa de interese turístico internacional-

Desde este espazo queremos contribuír a dar respostas e información a todos aqueles que se interesan pola cultura, o patrimonio ou os espazos naturais do noso territorio.

Aproveito a ocasión para darlles a benvida a todas aquelas persoas que visiten a nosa páxina web e gocen do noso rico patrimonio material e inmaterial, esperando que estes visitantes virtuais pronto se convertan en visitantes de feito.

 

Alberto García, alcalde presidente de Catoira.

Top