Publícase a acta de puntuacións da fase de concurso e listado provisional das/os integrantes da bolsa de emprego.
ACTA PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS CONCURSO
Publícase a resolución de impugnacións e cualificación definitiva do exame test.
ACTA DEFINITIVA FASE OPOSICIÓN
Publícase a acta de constitución do tribunal, resolución de impugnacións e calificación do exame test, así como o novo cadro de respostas.
Publícase o test e o cadro de respostas do exercicio da fase de oposición para a selección de integrantes da bolsa de emprego de auxiliar administrativo.
Test: TEST BOLSA ADVO
Cadro de respostas: CORRECCIÓN TEST
Publícase a aprobación da lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas para participar no proceso de selección das/dos integrantes dunha Bolsa de Emprego de Auxiliares Administrativos, designación do tribunal e datas da súa constitución e de realización do exercicio de oposición.
RESOLUCIÓN LISTA DEFINITIVA, TRIBUNAL E DATA EXAME
https://catoira.sedelectronica.gal/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/
O Concello de Catoira, ao abeiro do PLAN MÁIS PROVINCIA 2024 da Deputación de Pontevedra,
realizará durante o ano 2024 a contratación laboral de 9 traballadoras/es, a tempo parcial
durante 7 meses, inscritas/os como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego
de Galicia. Pódese ver o anuncio completo na seguinte ligazón:
ANUNCIO PLAN MAIS PROVINCIA LIÑA 3. EMPREGO
A empresa de transportes LOXÍSTICA GARMOU trasladará a súa sede social e instalacións dende Ribeira ao polígono de SEA en Catoira de forma “inminente”. Así o confirmou o representante da firma este luns nun encontro co alcalde Xoán Castaño, a concelleira de Obras Vanesa Pérez e a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico –entidade que xestiona o polígono-, Beatriz Sestayo.
A empresa de transportes pedirá en breve a licenza para levantar unha nave de 2.000 metros cadrados, oficinas e un lavadoiro ecolóxico que recupera o 80% da auga utilizada, cun investimento de preto dun millón de euros.
Xoán Castaño destaca que a instalación da firma suporá importantes ingresos para as arcas municipais e anima a máis compañías a ocupar o parque empresarial.
Un total de 20 mulleres e 4 homes de Catoira participan no Programa Integrado de Emprego do Baixo Ulla que foi presentado onte.
Nesta iniciativa participan, ademais do Concello de Catoira, os municipios de Valga, Pontecesures, Padrón, Rois e Dodro, sumando un centenar de persoas beneficiarias/os.
Desde agora e ata novembro, vaise realizar un conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral. O programa céntrase especialmente nos sectores da loxística e comercio, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, metalurxia, téxtil, servizos comunitarios e agrario e forestal.