Os petróglifos de Pedras Minas, recentemente descubertos, son un todo un referente na arte rupestre da provincia de Pontevedra. O conxunto atópase nun lugar actualmente non indicado así como con nula infraestrutura de visita, que permita a contemplación do elemento sen afectar ao mesmo. Con tal motivo solicitouse ésta subvención para mellorar a súa contorna inmediata.
Os obxectivos desta actuación son:
- Contribuír á posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Catoira.
- Contribuír á difusión do patrimonio entre os veciños.
- Adecuar para a visita uns importantes recursos turísticos do concello.
A actuación pretende crear unha infraestrutura de interpretación para os petróglifos de Pedras Minas, acondicionando o terreo onde se sitúan así como estudando os seus motivos para a divulgación a través de paneis explicativos.
Todos estes traballos contarán cunha estrita supervisión arqueolóxica.
Nun primeiro momento realizarase a corta da vexetación existente no lugar. Finalmente instalarase unha pasarela de contemplación de motivos así como panelería interpretativa.