Condicións xerais de acceso e uso do sitio web

O Concello de Catoira, a través do seu portal Web facilita a información de interese xeral ao pobo de Catoira, en especial, información e xestións propias e de organización municipal. A información publicada é vixente no momento da publicación.

O acceso ao sitio Web web.catoira.gal atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas, de todas e cada unha das condicións incluídas neste aviso legal.  O concello de Catoira non se fai responsable das consecuencias, danos ou prexuízo que puidera derivarse dese acceso a información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estricto exercizo das súas competencias.

O Concello de Catoira desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e actualizar a información a maior frecuencia posible. Poderá realizar modificacións e actualización, incluso retirar a  información contida no seu portal ou na configuración da presentación.

Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio Web web.catoira.gal así como dos  seus contidos pertencen ao Concello de Catoira, salvo que se indique unha titularidade diferente. Ningún usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada. Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio anteriormente citado con fins informativos e de servizo, sendo o usuario, o único responsable do mal uso dos mesmos. Queda así prohibida a modificación, compilación ou a utilización comercial de calquera parte da mesma.

Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na Web web.catoira.gal, son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre os usuarios e o Concello.

Os enlaces que posibiliten o acceso a través do sitio Web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control do Concello, polo que non se fan responsábeis nin da información contida nos mesmos nin de calquera efecto que puidera derivarse de dita información. O motivo da súa inclusión é consideralas de interese público.

Top