REDES SOCIAIS DA ROMARÍA VIKINGA 2026:
PROGRAMA COMPLETO:
Publícase a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas para o Desembarco Vikinguinho.
https://catoira.sedelectronica.gal/board
Publícase a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para o Desembarco Vikinguinho.
https://catoira.sedelectronica.gal/board
Publícase a distribución da tripulación do Desembarco Vikingo nas tres embarcacións participantes.
https://catoira.sedelectronica.gal/board
Publícanse as listas definitivas de personas admitidas e excluídas no Desembarco Vikingo.
https://catoira.sedelectronica.gal/board
Ábrese a venda de entradas para o Xantar Vikingo:
Publícanse as listas provisionais de personas admitidas e excluídas no Desembarco Vikingo.
https://catoira.sedelectronica.gal/board
Ábrese o prazo de solicitude de prazas no Desembarco Vikingo e no Desembarco Vikinguinho.
A información e o formulario de inscrición están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica:
Ábrese o prazo de solicitude de postos nos mercados da Romaría Vikinga 2026.
As persoas interesadas poden consultar as bases e descargar o formulario de solicitude no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello:
https://catoira.sedelectronica.gal/board
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Catoira unha subvención ao abeiro do Plan de obras e servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2026-2027, Liña 2, por resolución presidencial de data 14/05/2026.
Dentro desta liña, concedeuse unha axuda por importe de 41.648,68 euros para o proxecto solicitado ao abeiro do epígrafe “Gastos derivados da programación cultural, deportiva ou social”, que estará destinada á programación cultural anual de 2026 do Concello de Catoira.
O Concello de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición na obra VikingDrama 2026.
DESTINATARIAS/OS: Persoas a partir dos 5 anos de idade. Terán preferencia as persoas empadroadas en Catoira.
INSCRICIÓN: no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal (poderán descargar o formulario na sección anuncios). A inscrición é gratuíta.
PRAZO: ata o venres 30 de abril de 2026.
REUNIÓN INFORMATIVA: Xoves 16 de abril ás 20:30 h na Sala Celso Emilio Ferreiro (fronte á biblioteca).

A Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Catoira unha subvención de 96.343,94 € ao abeiro do PLAN +PROVINCIA PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2026 (LIÑA 3), para a realización do proxecto “BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS 2026”, e suporá a contratación de 9 traballadoras/es desempregadas/os, durante o ano 2026.
As subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 6 de marzo de 2026, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da devandita convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 5 de febreiro.
O proxecto, a desenvolver durante o ano 2026, deberá rematar antes do vindeiro 31 de decembro. O pagamento da citada subvención farase unha vez remitida á Deputación Provincial a documentación xustificativa na forma e prazo indicado nas Bases Reguladoras do citado Plan.
Unha vez que as/os concursantes desfilaron na forma establecida pola organización do certame, celebrado o domingo 22 de febreiro de 2026, e tendo en conta o establecido nas bases deste concurso, o xurado, tras as votacións correspondentes, acordou conceder os seguintes premios.
1º PREMIO: COSTUREIRO DA AVOA
2º PREMIO: CINE AVENIDA
3º PREMIO: ABUELITO DIME TÚ
4º PREMIO: BANANA MADURA
5º PREMIO: LOS PIRATAS CON MÁS PLUMAS DEL CARIBE
1º PREMIO: DIN QUE NON FALAN AS PLANTAS…
2º PREMIO: FUN POLO AIRE, VIN POLO VENTO
3º PREMIO: RÍO
4º PREMIO: CAMPESIÑAS ORIENTAIS MOI ELEGANTES
5º PREMIO: OS ROBOTS DE CATOIRA
PREMIO: SE CHOVE, QUE CHOVA
PREMIO: VIVAMOS COMO GALEGAS
PREMIO: CHOQUEIRADA
PREMIO: DIN QUE NON FALAN AS PLANTAS…
MENCIÓN AO MELLOR DISFRACE CASEIRO OU FEITO A MAN:
COSTUREIRO DA AVOA
MENCIÓN AO GRUPO CON MAIOR NÚMERO DE PERSOAS DISFRAZADAS:
LOS PIRATAS CON MÁS PLUMAS DEL CARIBE
SORTEO ESPECIAL DE PARTICIPACIÓN:
PREMIO: LOS MARCIANITOS
PREMIO: VUELO CARNAVALERO