A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2022-2023”, liña 1, unha subvención de 20.084,30 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “ACTUACIÓNS PARA A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL DE CATOIRA” cun orzamento polo mesmo importe.

A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 24 de xaneiro de 2023, e comunicada á administración municipal con data do 25 de xaneiro de 2022.

O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.

Catoira, 6 de marzo de 2023.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PLAN CONCELLOS – PATRIMONIO

Top