A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA

A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria de subvención para “A SUPRESIÓN DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA NOS ESPAZOS PÚBLICOS E A REHABILITACIÓN E SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO-CULTURAL DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2022”, unha subvención por importe de 5.916,90 € para a execución da actuación denominada “SINALIZACIÓN E POSTA EN VALOR DO PETRÓGLIFO DAS TIXOLAS”, cun orzamento de CINCO MIL NOVECENTOS DEZASEIS EUROS CON NOVENTA CÉNTIMOS (5.916,90 €), IVE incluído.

A subvención foi acordada na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 1 de xullo de 2022.

De seguido procederase a tramitar o oportuno expediente de contratación para que a actuación, poida atoparse executada na súa totalidade antes do 30 de xuño de 2023.

Catoira, 14 de decembro de 2022.

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Alberto García García.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PEDRA TIXOLAS

Top