Pavillón Municipal de Deportes

Travesía Corredoira ás Lombas, 62 –36612- Catoira
Pavillón cuberto dotado dunha pista polideportiva, un ximnasio, vestiarios e aseos.
O Pavillón é utilizado en horario lectivo polo CPI Progreso de Catoira. Fóra deste horario, pode solicitarse o uso das instalacións para a práctica deportiva por parte de colectivos ou persoas maiores de idade empadroadas en Catoira, aboando unha taxa de 4,5 euros/hora. Para iso deberán solicitar un impreso de pagamento na Biblioteca Pública Municipal.

Tel. Biblioteca: 986 546 801

Pistas Municipais de Tenis

Balastrera – Oeste
O Concello conta con dúas pistas de tenis que poden ser utilizadas por calquera persoa para a práctica deportiva. As persoas maiores de idade empadroadas en Catoira terán preferencia para utilizalas, para iso deberán solicitar unha autorización na Biblioteca Pública Municipal. O uso das instalacións é gratuíto.

Tel. Biblioteca: 986 546 801

Pista Municipal de Pádel

O Campo – Outeiro da Vila
O Concello conta con unha pista de pádel que pode ser utilizada por calquera persoa para a práctica deportiva. As persoas maiores de idade empadroadas en Catoira terán preferencia para utilizala, para iso deberán solicitar unha autorización na Biblioteca Pública Municipal.

Normas de uso da Pista de Pádel

Impreso de reserva / autorización da Pista de Pádel.

Tel. Biblioteca: 986 546 801

Pistas polideportivas en Dimo e Abalo

O Concello conta con pistas polideportivas en Dimo e Abalo que poden ser utilizadas por calquera persoa para a práctica deportiva. O uso das instalacións é gratuíto.

Edificio Municipal de Deportes Náuticos

Paseo de Xelmírez, 14 –36612- Catoira
O Concello conta cun edificio de deportes náuticos situado a carón da praia fluvial, dotado con ximnasio e vestiarios. O edificio está cedido como sede do Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga.

www.astorres.com
Tel. 686 929 930
Correo: astorres@astorres.com

Piscina Pública Municipal

Paseo de Xelmírez, s/n –36612- Catoira
A piscina está situada na Alameda de Praia Fluvial.

Horarios:
do 5 de xullo ata 15 de agosto: de 14.00 H – 21.00 H de luns a sábado, e os domingos de 13.00 H – 21.00 H
do 16 AO 31 de agosto: DE 13.00 H – 20.00 H de Luns a Sábado, e os domingos de 12.00 H – 20.00 H

Prezos:
Maiores de 12 anos …………. 2,00 €
Rapazada ata 12 anos ……… 1,00 €
Ofrécese a posibilidade de adquirir bonos con desconto nas seguintes modalidades:
Bono 20 días …………………. 30,00 €
Bono rapazada 20 días …… 15,00 €
Bono verán …………………… 40,00 €
Bono verán rapazada …….. 25,00 €
As familias numerosas e familias monoparentais terán un desconto do 50% no prezo.
Os abonos solicitaranse na biblioteca municipal e os carnés para familias numerosas e monoparentais no departamento de servizos sociais.

Campo de fútbol municipal As Lombas

Travesía Corredoira ás Lombas, 12 –36612- Catoira
O Concello conta cun campo de fútbol, dotado con herba sintética. As instalacións son utilizadas polo club Catoira SD.

Web
Tel. 986 523 159
Correo: sdcatoira@gmail.com

Top