- 26 Abril, 2024
- 20:00
- Sala Luis Seoane (Edificio Multiusos)
O Concello de Catoira acolle a exposición “150 anos da chegada do ferrocarril a Galicia. Cornes-Carril 1873”.
A mostra, promovida pola Asociación Compostelana de Amigos del Ferrocarril, está formada por unha vintena de paneis e pezas históricas que rememoran a traxectoria do servizo ferroviario en Galicia.
A inauguración terá lugar o vindeiro venres 26 de abril ás 20 horas na sala de exposicións Luis Seoane do Edificio Multiusos.
A exposición poderá visitarse ata o 16 de maio no horario de apertura da biblioteca.