Proxecto arqueolóxico para a realización de estudos arqueolóxicos non invasivos nas Torres de Oeste. A intervención ten como obxectivo básico facer unha aproximación á presenza de estruturas soterradas no xacemento. Os estudos consistirán nunha topografía de detalle do xacemento, unha prospección xeofísica con gradiómetro de tipo fluxgate e a realización dunha prospección mediante detección remota (multiespectral e térmica sobre dron).
Este traballo forma parte do convenio de colaboración para a investigación de xacementos da provincia de Pontevedra (ArqDePo) asinado pola Deputación de Pontevedra, o Incipit (CSIC) e o Concello de Catoira.
Top