Horario de atención ao público: de luns a venres, de 10:00 a 13.00 h.
As súas funcións e responsabilidade administrativa están reservadas a un secretario-interventor, funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, destacando entre elas as seguintes:
- A de Secretaría, comprensiva da fe pública e o asesoramento legal preceptivo.
- O control e a fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria.
- Fedatario de todos os actos e acordos, redactando a acta de todas as sesións do Pleno da Corporación, Xunta de Goberno Local e Comisións.
- Concorre, como secretario, ás reunións de todas as Comisións e sesións de Xunta de Goberno e Pleno, podendo delegar, ao efecto, nun funcionario.
- Xefe directo da Secretaría, Intervención e servizos xurídico-administrativos, así como do resto das dependencias e servizos xerais.
- Dirixe o protocolo, etiqueta e cerimonial.
- Xestiona todos os asuntos da entidade, de acordo co alcalde-presidente.
- Emite ditames e informes xurídicos cando sexa legalmente preceptivo.
- Dita as disposicións de réxime interior precisas para o mellor funcionamento de todos os servizos.
- Adopta as medidas necesarias para a coordinación de todas as dependencias, a fin de lograr a máis perfecta actuación conxunta e o exacto cumprimento das disposicións legais e dos acordos adoptados.
- Dá posesión dos seus cargos a todos os funcionarios.
- Forma o anteproxecto xeral do orzamento e asiste á Presidencia na redacción do proxecto, e prepara e redacta as contas de orzamentos e administración do patrimonio.
- Expide os mandamentos de ingreso de todas as cantidades que deban ter entrada en caixa, e redacta os de pago de cantos teñan que efectuarse.
- Informa os expedientes de concesión de créditos, e os de modificación por habilitación ou suplemento que figuren no orzamento.
- Ditamina os expedientes que se instrúan para apelar ao crédito público.
- Autoriza coa súa sinatura os talóns das contas correntes que a Corporación teña abertas en establecementos bancarios.
- Intervén en todas as operacións de ingresos e pagos da depositaría e da recadación, e dirixe e inspecciona os seus libros de contabilidade.