Horario: de 9.00 a 14.30 horas de luns a venres (Casa do Concello)
Funcións:
- Información, asesoramento e tramitación de tódalas liñas de axudas incluídas nas Políticas Activas de Emprego da Consellería de Traballo (creación de empresas, axudas á contratación; iniciativas locais de emprego, iniciativas rurais de emprego, etc.)
- Organización de accións formativas dirixidas á inserción dos cidadáns no mercado laboral.
- Información, asesoramento e tramitación de axudas para o proxecto Leader Salnés Ulla-Umia e GALP Ría de Arousa. Os proxectos teñen un período temporal de aplicación que abrangue os anos 2017-2020. Ambos proxectos perseguen un desenvolvemento sostible do territorio a través de axudas a pequenos proxectos empresariais relacionados coa estratexia do proxecto, especialmente os relacionados con: agricultura e gandería biolóxicas, sector pesqueiro, turismo activo, etc.