A Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Catoira unha subvención de 92.230,91 € ao abeiro do PLAN +PROVINCIA PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2024 (LIÑA 3), para a realización do proxecto “BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS 2024”, e suporá a contratación de 9 traballadoras/es desempregadas/os, durante 7 meses, en dúas fases.
A subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 18 de marzo de 2024, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da devandita convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 27 de marzo.
O proxecto iniciouse o pasado día 21 de marzo e deberá rematar antes do vindeiro 31 de decembro. O pagamento da citada subvención farase unha vez remitida á Deputación Provincial a documentación xustificativa na forma e prazo indicado nas Bases Reguladoras do citado Plan.

 

Top