• 24 Maio, 2024
  • 17:00
  • Auditorio Municipal de Catoira

Lola, a vaca máis famosa do mundo chega coa súa obra de teatro musical, xunto cos seus ocorrentes e divertidos amigos, quen a través da música e o baile, ensinarán aos máis pequenos e grandes a valorar a importancia da alimentación, o respecto pola natureza e o verdadeiro significado da amizade. A Vaca Lola converteuse na artista infantil do momento, posicionándose como un dos personaxes con máis visitas en Youtube, acadando máis de mil millóns de reproducións. Este espectáculo de teatro-musical interactivo, é un espazo familiar para a diversión e a pedagoxía que brindará unha experiencia inmersiva no universo da Vaca Lola e os seus amigos, por medio dunha gran posta en escena a través das mellores cancións populares de todos os tempos.

Venda de entradas na seguinte ligazón ou venda física na libraría Cartafol. Menores de 12 meses non pagan entrada.

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/infantil/auditorio-municipal-catoira/17156–la-vaca-lola-y-sus-amigos.html

 

Top