PLATAFORMA ORVE-OFICINA DE REXISTRO VIRTUAL

Todas as Administracións Públicas e oficinas de Correos están a traballar no proceso de dixitalización adheríndose á plataforma ORVE-OFICINA DE REXISTRO VIRTUAL, na cal este Concello tamén está integrado co código LO1360101.

Este servizo que ofrece Correos permite á cidadanía e ás empresas o rexistro e envío instantáneo de documentos dixitalizados ás Administracións Públicas do noso pais, incluído tamén o noso Concello.

Estas xestións poden ser realizadas dende a nova Oficina de Correos de Catoira situada en rúa do Concello, número 14.

Para enviar documentación a calquera administración pública a través deste servizo só hai que acudir a unha oficina de correos cos documentos orixinais. O persoal de Correos escanea, cotexa e envía a documentación en formato electrónico, entregando ao usuario copia do rexistro efectuado.

A través desta plataforma, e a esta colaboración con Correos, facilítanse as relacións entre a administración e a cidadanía, para que calquera tipo de trámite se poida facer de maneira máis sinxela.

COMUNICADO DO GRUPO NATURGY SOBRE POSIBLE CORTE DE SUMINISTRO ELECTRICO O DÍA 22 DE OUTUBRO DE 7:30 a 8:30 NALGUNHAS ZONAS DE CATOIRA

“Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos para poder atender en las mejores condiciones las necesidades de suministro de la zona, les informamos que el próximo día 22 de octubre de 2021, de 7:30 a 8:30 horas, vamos a proceder a dejar fuera de servicio una
serie de instalaciones, lo cual puede provocar interrupciones en su suministro de electricidad durante ese intervalo de tiempo.
Adjuntamos copia de la carta que se remitirá a clientes de más de 1 kV o calificado como esencial, según orden ECO797/2002 y que se encuentran en su ámbito municipal.
Las instalaciones eléctricas sometidas a descargo afectan a las siguientes calles o lugares:
CATOIRA (AVENIDA MUlÑOS DO VENTO Nº 16). CORES-CATOIRA- (CAMINO PASO Nº 4; PASEO MIRADOR DA RIA Nº 4, 99, 9999). OUTEIRIÑO -CATOIRA- (AVENIDA MUIÑOS DO VENTO Nº 10).
Rogamos disculpen las posibles molestias ocasionadas.
Si deseara cualquier aclaración al respecto, no dude en ponerse en contacto con nosotros a través de nuestro teléfono 900 333 999.
Atentamente
Delegación Pontevedra”

PONSE EN MARCHA O PROXECTO SOBRE A HISTORIA DE CATOIRA

Ponse en marcha o proxecto sobre a historia de Catoira coa participación, nunha primeira xuntanza que tivo lugar o pasado venres, dunhas 40 persoas. O Concello agradece a súa implicación nesta iniciativa que continuará cunha serie de entrevistas e que se irá ampliando con máis participantes.

XXI PROCESIÓN DE CAVEIRAS

Tras o paréntese do ano pasado motivado pola pandemia, o Concello de Catoira retoma a organización da Procesión de Caveiras, que este ano chega á 21 edición. O desfile será o domingo 31 de outubro, co acompañamento da Banda de Música de Catoira, partindo do Pavillón Municipal de Deportes e regresando ao mesmo lugar. Ao remate repartiranse castañas asadas aos participantes para levar.

Por outra parte, a Escola Municipal de Teatro está a preparar unha serie de curtametraxes de “lenda, medo e misterio” que se proxectarán no Auditorio o venres 5 de novembro ás 20:30 horas.

O CONCELLO SEGUE A REPARAR OS PARQUES INFANTÍS

O concello segue reparando, repoñendo e adecentando os parques infantís. Esta vez os traballos estanse a realizar no de Coaxe.

A VECIÑANZA DE CATOIRA PARTICIPA NUN PROXECTO PARA POÑER EN VALOR A HISTORIA LOCAL E A LINGUA

O Concello de Catoira está a desenvolver un proxecto de investigación, recuperación, produción de contidos e divulgación da historia local de Catoira, a través dos testemuños en lingua Galega de persoas protagonistas nos diversos eidos das actividades produtivas, culturais, sociais, comerciais, naturais, musicais e artísticas do concello.

O próximo venres 15 de outubro, ás 19 horas, no salón Celso Emilio Ferreiro do Edificio Multiusos, vai ser presentado este innovador proxecto de comunicación audiovisual coa participación do alcalde, Alberto García, o xestor do proxecto, Xan Leira, e parte da nosa veciñanza. Esta iniciativa procura, a través da gravación en vídeo de «historias de vida» das nosas veciñas e veciños, pór en valor a historia local de Catoira.

Invitaremos a participar deste evento e do proxecto en xeral ás veciñas e veciños que aparecen retratados nas fotografías do notable fotógrafo Francisco Buceta Gómez, máis coñecido como “Pasarín”, que o Concello ten en propiedade, coa intención de darlle maior visibilidade, tamén, a este importante legado documental: pasado e presente ao servizo do desenvolvemento deste importante e innovador proxecto para a recuperación da memoria local de Catoira.

O proxecto esta impulsado polo Concello de Catoira e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra. A produción está a ser levada a cabo por Memoria Documental de Galicia S.L.

EXPOSICIÓN “ARTE E NATUREZA”

Este outono temos a oportunidade de gozar de novo dunha exposición que mestura a arte e a natureza a través de tres manifestacións diferentes: os bonsáis, a cerámica e a pintura.
Tito Riveiro mostra parte da súa colección de bonsáis nunha das etapas máis recomendables para admiralos. Consegue reducir a escala moitas variedades distintas da nosa flora autóctona e outras alóctonas para gozalas dunha forma diferente á que estamos habituados. Dada a súa fraxilidade, os bonsáis estarán expostos unicamente durante unha fin de semana: entre o días 22 e 24 de outubro.
A manipulación doutro material natural, pero inerte, complementa esta mostra. Do mesmo xeito que fixeron xa os nosos antepasados, Ana González, restauradora de bens culturais, utiliza a arxila como materia prima para as súas creacións. Nesta ocasión, a réplica que realizou do mosaico romano de Panxón será o elemento central dunha colección que trata de dar a coñecer a riqueza cultural que nos rodea co fin de contribuír á súa posta en valor e preservación.
A exposición complétase coa obra pictórica de Ángeles Garrido. Ten participado en numerosas mostras colectivas e individuais. Na súa obra procura a beleza con cada motivo elixido, camiñando entre o realismo e o expresionismo. Representa desde paisaxes que transmiten paz, retratos de personaxes que nos envían unha mensaxe, a escenas ecuestres de gran forza.

REPARACIÓN DO PASEO FLUVIAL

O Concello está procedendo á reparación do paseo. A pesar de que se levan a cabo tarefas de mantemento constante, resulta imposible mantelo en boas condicións de forma permanente, xa que hai individuos empeñados en esnaquizar os bens municipais, que son de todas e todos.
Pregamos á veciñanza que, no caso de presenciar algún destes actos vandálicos o comunique ao Concello. O Goberno local ten a intención de instalar cámaras de seguridade no caso de que continúen os estragos, co fin de identificar ás persoas responsables.

OS CATOIRENSES ROSALÍA GARCÍA E FERNANDO BUSTO COMPITEN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MARATÓN DE PIRAGÜISMO

Este sábado pola mañá poderá seguirse desde o Auditorio Municipal de Catoira a retransmisión en streaming do Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo que se celebra en Romanía e no que compite o catoirense Fernando Busto “Choco” na categoría C-1 sénior.

As persoas interesadas en asistir á retransmisión no Auditorio deberán inscribirse a través do seguinte formulario de inscrición:  https://forms.gle/wC9YSHYQtF7acT3m6

Ademais de Busto, tamén participa no mundial Rosalía García, outra padexeira do Club As Torres-Romaría Vikinga, que este xoves loitará por un metal na categoría C-1 xuvenil a partir das 7:50 horas, hora peninsular.

Traxectoria dos deportistas:

ROSALÍA GARCÍA DE DIOS – Categoría C-1 XUVENIL

Compite en Pitesti (Romanía) o día 30 de setembro do 2021 ás 7:50 horas.

Ano 2021:

  • Campioa de España de media Maratón.
  • Subcampioa de España de Maratón.
  • Bronce Campionato de España de Fondo.
  • Bronce Campionato Galego de Fondo.

FERNANDO BUSTO BANDIN – Categoría C-1 SENIOR

Compite en Pitesti (Romanía) o día 2 de outubro do 2021 ás 9:30 horas.

Ano 2021:

  • Subcampión de España de Maratón, categoría absoluta.
  • Subcampión de España de media Maratón, categoría absoluta.
  • Bronce Campionato Galego de Fondo, categoría absoluta.
  • Campión da regata Internacional do Descenso do río Miño.

Resultados anteriores:

  • Campión do Mundo de Maratón disputado en Noruega 2004,  categoría xuvenil.
  • Bronce Campionato do Mundo de Maratón en Valladolid 2003, categoría xuvenil.
Top