Aberto o prazo de inscrición na obra VikingDrama

O Concello de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición na obra VikingDrama 2026.

DESTINATARIAS/OS: Persoas a partir dos 5 anos de idade. Terán preferencia as persoas empadroadas en Catoira.

INSCRICIÓN: no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal (poderán descargar o formulario na sección anuncios). A inscrición é gratuíta.

PRAZO: ata o venres 30 de abril de 2026.

REUNIÓN INFORMATIVA: Xoves 16 de abril ás 20:30 h na Sala Celso Emilio Ferreiro (fronte á biblioteca).

https://catoira.sedelectronica.gal/board

Puede ser una imagen de fuego

PROGRAMA “+ BENESTAR” 2024

Organizado pola Diputación Provincial e o Concello de Catoira.
➢ CONTIDO: No programa ofrécese unha estancia de seis días e cinco noites en réxime de pensión completa ( nun hotel balneario, spa, etc).
➢ BENEFICIARIAS/OS:
– Estar empadroados na provincia de Pontevedra e ter máis de 55 anos.
– No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:
• Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
• Pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
• Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do Concello, un respiro familiar.
– Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
➢ PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 4 de setembro de 2024.
➢ PREZO: en réxime xeral, subvención de 100 € do custo da praza.
➢ INSCRICIÓN: no departamento de Servizos Sociais do Concello.

BANDO + BENESTAR DIPUTACIÓN PONTEVEDRA 2024.doc

O Concello, pendente de tres cesións de terreos, para que a Deputación constrúa as beirarrúas de Dimo

O Concello de Catoira está pendente de tres cesións de terreos para que a Deputación constrúa as beirarrúas da estrada provincial Dimo-Coaxe.
Así llo confirmaron o alcalde, Xoán Castaño, e a concelleira de Obras, Vanesa Pérez, ao presidente da Deputación, Luis López, nunha reunión que mantiveron este martes.
O dirixente provincial comprometeuse a que, no momento no que o goberno local poña a disposición os terreos de ambas marxes da estrada, habilitaranse os mecanismos para executar o proxecto de mellora que garanta unha mobilidade peonil segura na vía provincial.
Outro dos temas tratados no encontro foi a construción de cunetas transitables no treito da estrada provincial que discorre polo lugar de Tarrío. Con anchos de entre un e dous metros, e con escasa pendente, permiten camiñar por enriba delas con normalidade, habilitando itinerarios peonís cómodos e seguros.

Catoira acolle a asemblea e seminario anual da Destination Viking Association con representantes de oito países

Máis de 20 visitantes de diversos países do norte de Europa participarán esta semana na Asemblea Xeral Anual e Seminario de Follow the Vikings organizado polo Concello de Catoira coa colaboración de Mar de Santiago e de Turismo de Galicia.

A DVA – Follow the Vikings é un itinerario cultural europeo formado por máis de sesenta socios de dezaseis países que se uniron para desenvolver un destino turístico sen fronteiras ao redor do mundo viquingo. Na actualidade o Concello de Catoira forma parte do seu comité directivo e esta localidade foi a elixida para celebrar a súa asemblea anual.

O encontro dará comezo o vindeiro xoves 11 en Catoira, coa celebración da asemblea e coas intervencións dentro dos seminarios científicos do arqueólogo Diego Piay, do profesor da USC Manuel Gago e do director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa. Ademais aproveitarase a visita internacional para presentar, da man de Melania Payán o xeodestino Mar de Santiago. Finalmente, a última hora do día, as/os asistentes realizarán unha visita guiada ao Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) e ao conxunto monumental.

O venres 12 será a quenda das visitas de campo, neste caso para membros da DVA. Desde primeira hora os participantes visitarán os puntos máis relevantes dos concellos integrantes de Mar de Santiago: Pontecesures, e Vilanova de Arousa. Así terán oportunidade de coñecer San Xulián de Requeixo, o Mercado da Lamprea, e Ou Terrón. A xornada pecharase cunha visita á cidade de Pontevedra.

O encontro preséntase como unha gran oportunidade de estreitar as relacións coas comunidades que comparten o impacto histórico dos pobos viquingos.

A asistencia ao seminario do día 11, que terá lugar no Auditorio Municipal, é libre e gratuíta, ata completar aforo.

 

PROGRAMA SEMINARIO: «Vikingos en Iberia e máis aló»

Xoves 11 de abril – Seminario

11:50 Benvenida do alcalde de Catoira, Xoán Castaño, e do concelleiro de Cultura, Raúl Gómez.

12:00 Diego Piay Augusto, arqueólogo e historiador, profesor da Universidad de Oviedo.

Patrimonio prehistórico, romano e medieval en Torres de Oeste. Arqueoloxía de Catoira.

12:30 Manuel Gago Mariño, doutor en Ciencias da Información e catedrático de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.

Os relatos sobre viquingos en Galicia desde a Idade Media ata os nosos días.

13:00 Pausa – xantar

15:30 Ildefonso de la Campa Montenegro, director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Xestión de itinerarios culturais: do tanxible ao inmaterial.

15:50 Melania Payán Pérez, senior consultant de Dos Espacios Internet Consulting.

O Camiño de Santiago e a Ruta Espiritual Mar de Santiago: como converter un camiño espiritual nunha oportunidade económica.

16:30 Visita ao Centro de Activación Cultural Torres de Oeste e ao conxunto monumental.

Convócase unha reunión para avanzar no proceso da concentración parcelaria

Este mércores, 21 de febreiro, celebrouse no Concello unha reunión entre os membros da Xunta Local da concentración parcelaria e o alcalde, Xoán Castaño, coa xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, María José Pérez Gil, persoal do servizo de asesoría xurídica e persoal representante e técnico da empresa SEAGA e da Xunta de Galicia. Tras dúas horas de reunión, concluíuse:
Zona Norte:
1. Completar os recursos de alzada.
2. Comezar co levantamento topográfico e catastral, que afecta ao 30% do terreo, e que contará cun investimento de 82.000 euros.
3. Para 2025 a Xunta asume o compromiso de contratar o acordo de elaboración das novas fincas.
Zona Sur:
1. Continuarán cos traballos de levantamento, baseados fundamentalmente sobre elementos físicos (muros, ríos, estradas, etc.), e que se prevé estean finalizados este ano.
2. Faranse exposicións públicas parciais dos planos de levantamento.
3. A Xunta asume o compromiso en 2025 da elaboración das bases e identificación das propiedades.
Por parte dos representantes dos titulares, propúxose mellorar a comunicación para favorecer a asistencia das/os propietarias/os ao levantamento e, na medida do posible, que se identifiquen correctamente as fincas.

Ábrese o proceso de licitación para a xestión da Escola Municipal de Teatro

O Concello de Catoira abre o proceso de licitación para a xestión da Escola Municipal de Teatro. Seguindo un proceso aberto e transparente, o Goberno Local aposta, deste xeito, por consolidar e darlle estabilidade a esta entidade, un importante motor na dinamización cultural e social no concello.

As persoas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o día 20 de febreiro. Pódese consultar toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público:

https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=iLSnMUj3ohe7JOCXkOhcDg%3D%3D

 

Lista provisional admitidas/os e excluídas/os no proceso de selección para a bolsa de emprego de auxiliar administrativa/o

Lista provisional de admitidas/os e excluídas/os para participar no proceso de selección de integrantes da bolsa de emprego de auxiliar administrativa/o e prazo de subsanación de documentación (martes 7 e mércores 8 de novembro)

20231106_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2023-0284 [RESOLUCIÓN APROBACIÓN LISTAXE PROVISIONAL]

REPRESENTANTES DE MAR DE SANTIAGO REÚNENSE EN CATOIRA

O martes 26, reuníronse no Concello de Catoira representantes dos catro municipios que integran o xeodestino Mar de Santiago. O alcalde, Xoán Castaño, e o concelleiro de Cultura, Raúl G. Pato, fixeron de anfitrións nun encontro ao que tamén asistiron a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, e os alcaldes de Valga, José María Bello, e de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.
No encontro abordáronse os distintos proxectos e iniciativas que se levarán a cabo a través do xeodestino.
Entre eles fixáronse as liñas de actuación en relación ao noso concello, que levarán consigo unha partida económica procedente dos fondos Next Generation coa que realizaremos distintas actuacións para continuar situando a Catoira como destino turístico de primeiro nivel.

CONVÓCASE UNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

O Concello de Catoira vai abrir un proceso de concurso-oposición de funcionarias/os interinas/os auxiliares administrativos, para cubrir postos vacantes con carácter temporal ou satisfacer necesidades puntuais.
O Goberno local levará a cabo este proceso seguindo o seu compromiso de garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades no acceso aos empregos públicos do Concello. Neste caso, trátase de contar cunha bolsa de candidatas/os para cubrir prazas de funcionarias/os interinas/os auxiliares administrativos, con carácter temporal, pertencentes ao grupo C2, adscritos á Secretaría-Intervención.
O anuncio desta convocatoria será publicado proximamente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Unha vez publicado o anuncio ábrese un prazo de 20 días naturais para a presentación de solicitudes. As bases que rexerán esta convocatoria serán publicadas na sede electrónica do Concello, na web catoira.gal e no taboleiro de anuncios do Concello.
Top