Este sábado pola mañá poderá seguirse desde o Auditorio Municipal de Catoira a retransmisión en streaming do Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo que se celebra en Romanía e no que compite o catoirense Fernando Busto “Choco” na categoría C-1 sénior.
As persoas interesadas en asistir á retransmisión no Auditorio deberán inscribirse a través do seguinte formulario de inscrición: https://forms.gle/wC9YSHYQtF7acT3m6
Ademais de Busto, tamén participa no mundial Rosalía García, outra padexeira do Club As Torres-Romaría Vikinga, que este xoves loitará por un metal na categoría C-1 xuvenil a partir das 7:50 horas, hora peninsular.
Traxectoria dos deportistas:
ROSALÍA GARCÍA DE DIOS – Categoría C-1 XUVENIL
Compite en Pitesti (Romanía) o día 30 de setembro do 2021 ás 7:50 horas.
Ano 2021:
- Campioa de España de media Maratón.
- Subcampioa de España de Maratón.
- Bronce Campionato de España de Fondo.
- Bronce Campionato Galego de Fondo.
FERNANDO BUSTO BANDIN – Categoría C-1 SENIOR
Compite en Pitesti (Romanía) o día 2 de outubro do 2021 ás 9:30 horas.
Ano 2021:
- Subcampión de España de Maratón, categoría absoluta.
- Subcampión de España de media Maratón, categoría absoluta.
- Bronce Campionato Galego de Fondo, categoría absoluta.
- Campión da regata Internacional do Descenso do río Miño.
Resultados anteriores:
- Campión do Mundo de Maratón disputado en Noruega 2004, categoría xuvenil.
- Bronce Campionato do Mundo de Maratón en Valladolid 2003, categoría xuvenil.