O MÉRCORES, 6 DE XULLO, ÁBRESE Ó PÚBLICO A PISCINA MUNICIPAL.

HORARIO: de luns a domingo de 12,00 a 20,00 h.


PREZOS:
  • Adultos: 1,50 € – Nenos/as ata 12 anos: 1,00 €
  • Bono Adultos (20 días): 25,00 € – Bono Infantil (20 días): 12,00 €
BONIFICACIÓN: Os/as veciños/as de Catoira que posúan o Título de Familia Numerosa terán unha bonificación do 50% nestes prezos presentando un carné específico que deberán recoller previamente no departamento de Servizos Sociais do Concello.
O uso do gorro de baño será OBRIGATORIO.
O aforo da piscina é de 72 persoas.


ENTREGA DE NOVAS MÁQUINAS PARA O XIMNASIO DO CLUB DE PIRAGÚISMO AS TORRES – ROMARÍA VIKINGA

Onte fíxose entrega das novas máquinas para o ximnasio do Club de Piragüismo As Torres – Romaría Vikinga. 💪🏋️‍♀️
Ao acto de entrega acudiron o alcalde Alberto García e o tenente de alcalde Javier César.
Estas máquinas supuxeron un investimento de 11500€
Mercaronse as seguintes máquinas:
– Seated Chest Press Machine
– Seated Cleg Extencion Machine
– Máquina Seated Row
– Máquina Shoulder Press
– Máquina linear leg Press
Esta colaboración súmase a outra anterior de novembro de 2020 na que se investiron 12000€

O CONCELLO MERCA NOVO EQUIPAMENTO PARA O XIMNASIO DO CLUB DE PIRAGÜISMO AS TORRES-ROMARÍA VIKINGA POR UN IMPORTE DE 11500€

Mercaronse as seguintes máquinas:
– Seated Chest Press Machine
– Seated Cleg Extencion Machine
– Bicicleta Indoor Cycling C510 con doble pedal
– Máquina Seated Row
– Máquina Shoulder Press
– Máquina linear eg Press
Esta colaboración súmase a outra anterior de novembro de 2020 na que se investiron 12000€
Dentro duns días o alcalde Alberto García e o tenente de alcalde Javier César Costoya farán entrega delas.

ACONDICIONAMENTO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

Aprobado pola Deputación de Pontevedra (plan Concellos 2022/23) con un presuposto de 27.600€ na liña 1 (anualidade 2022).
Consiste no acondicionamento do espacio da entreplanta ademáis de outras obras de mantemento como reparar a instalación de fontanería ou a sustitución de carpinterías exteriores.
Estas obras completaranse con outro proxecto complementario para a impermeabilización do pavillón poldeportivo por importe de 48.236,65€

OS CATOIRENSES ROSALÍA GARCÍA E FERNANDO BUSTO COMPITEN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MARATÓN DE PIRAGÜISMO

Este sábado pola mañá poderá seguirse desde o Auditorio Municipal de Catoira a retransmisión en streaming do Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo que se celebra en Romanía e no que compite o catoirense Fernando Busto “Choco” na categoría C-1 sénior.

As persoas interesadas en asistir á retransmisión no Auditorio deberán inscribirse a través do seguinte formulario de inscrición:  https://forms.gle/wC9YSHYQtF7acT3m6

Ademais de Busto, tamén participa no mundial Rosalía García, outra padexeira do Club As Torres-Romaría Vikinga, que este xoves loitará por un metal na categoría C-1 xuvenil a partir das 7:50 horas, hora peninsular.

Traxectoria dos deportistas:

ROSALÍA GARCÍA DE DIOS – Categoría C-1 XUVENIL

Compite en Pitesti (Romanía) o día 30 de setembro do 2021 ás 7:50 horas.

Ano 2021:

  • Campioa de España de media Maratón.
  • Subcampioa de España de Maratón.
  • Bronce Campionato de España de Fondo.
  • Bronce Campionato Galego de Fondo.

FERNANDO BUSTO BANDIN – Categoría C-1 SENIOR

Compite en Pitesti (Romanía) o día 2 de outubro do 2021 ás 9:30 horas.

Ano 2021:

  • Subcampión de España de Maratón, categoría absoluta.
  • Subcampión de España de media Maratón, categoría absoluta.
  • Bronce Campionato Galego de Fondo, categoría absoluta.
  • Campión da regata Internacional do Descenso do río Miño.

Resultados anteriores:

  • Campión do Mundo de Maratón disputado en Noruega 2004,  categoría xuvenil.
  • Bronce Campionato do Mundo de Maratón en Valladolid 2003, categoría xuvenil.

Cúmprese o prazo de execución das obras do campo de fútbol das Lombas

O alcalde de Catoira, Alberto García, anuncia que, grazas á axilidade na execución das obras de reforma do campo de fútbol municipal As Lombas, as renovadas instalacións estarán listas para a súa utilización dentro dun mes.

A empresa Sport Equipalia, adxudicataria deste proxecto, foi a encargada de levar a cabo as seguintes actuacións:

a) Terreo de xogo: substitución do céspede do recinto de xogo, colocando un novo céspede artificial en lugar do existente.

Desmonte e retirada de céspede artificial existente extraendo o recheo de area e o granulado de caucho. Posteriormente procedeuse á nivelación, regularización e limpeza da base de aglomerado existente, para logo instalar un sistema de céspede artificial de última xeración para a práctica de fútbol 11 e fútbol 7, con marcaxe das liñas de xogo. O proxecto tamén contemplaba a limpeza, reparación e/ou substitución dos canlóns perimetrais de drenaxe.

b) Bancada: substitución da cuberta da bancada, renovación de varandas en mal estado e reposición de asentos danados.

Colocouse unha cuberta de ferros de aceiro galvanizado, lacado con resinas plásticas, con acabado de poliéster siliconado.

c) Vestiarios: Reforma e acondicionamento de vestiarios, con supresión de barreiras arquitectónicas.

Melloráronse as características térmicas dos vestiarios, mediante un sistema de illamento térmico exterior nos paramentos e un illamento de la mineral sobre o forxado.

Renovouse a instalación de fontanería e substituíronse as portas.

Co fin de mellorar a accesibilidade eliminouse o desnivel entre o interior e o exterior mediante unha rampla.

A empresa adxudicataria incluíu ademais na súa oferta dúas melloras: a substitución do portal de acceso ao campo e a substitución e mellora dos grupos de presión de auga e das tubaxes de aspiración e impulsión.

O orzamento total de execución das obras ascendeu á cantidade de 236.143,60 euros e contaba cun prazo de execución de 3 meses.

Este proxecto contou cunha subvención da Xunta de Galicia, que foi solicitada por Alberto García con data do 7 de agosto de 2020, e que se formalizou mediante a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas entidades o día 4 de novembro de 2020.

Top