A terraza da Casa do Concello será escenario dunha mostra de cociña con degustación como parte das actividades de ‘saborEarte’. O proxecto, integrado no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, busca a promoción do Camiño
desde o punto de vista gastronómico.
As persoas interesadas en participar neste evento gratuíto deberán inscribirse por teléfono ou correo electrónico.
O xoves 18 de agosto, Catoira ten unha cita co mellor da súa gastronomía no evento gratuíto ‘saborEarte’. Será a partir das
19:00h cando a terraza da Casa do Concello albergue un showcooking con degustación baseado nos produtos de proximidade do municipio. A iniciativa, promovida polo programa Ou Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e liderada polo cociñeiro Miguel Mosteiro, busca poñer en valor as gastronomías do Camiño como recurso de alto valor turístico. O acto servirá tamén para inaugurar a terraza do edificio consistorial, recentemente acondicionada para acoller actividades municipais.
Na súa segunda edición, o proxecto ‘saborEarte’ quere continuar destacando o potencial turístico da cociña de proximidade dos distintos roteiros do Camiño. Para iso servirase de eventos gastronómicos nos que os participantes terán a oportunidade de asistir a un showcooking baseado en produtos quilómetro cero e degustar as diferentes propostas elaboradas en directo polo cociñeiro Miguel Mosteiro.
Ademais de presentar algúns dos produtos máis destacados da zona e sinalar o seu potencial para a promoción local, os eventos ‘saborEarte’ abordan outras cuestións estreitamente ligadas á cociña de proximidade como a ecoloxía e o desenvolvemento
sostible.
Cada xornada contará tamén cun pequeno taller de fotografía gastronómica, a cargo do fotógrafo Adolfo Enríquez. A súa misión será mostrar aos asistentes como sacar o maior partido ás instantáneas de pratos e produtos, multiplicando o seu atractivo e potencial como reclamo turístico. As imaxes resultantes empregaranse para deseñar unha mostra itinerante que volverá aos concellos participantes no mes de setembro.
A de Catoira será a segunda das cinco citas que, ao longo do mes de agosto, percorrerán municipios integrados no Roteiro do Mar de Arousa e Río Ulla, Camiño Francés, Camiño Inglés e Camiño de Inverno.
A participación na actividade é totalmente gratuíta, con prazas limitadas para 30 persoas. A inscrición para o evento deste xoves xa pode realizarse a través do teléfono 986546014 (departamento de cultura) ou do correo electrónico concello.catoira@eidolocal.es (indicando no asunto “inscripción saborEarte”)
Todas as Administracións Públicas e oficinas de Correos están a traballar no proceso de dixitalización adheríndose á plataforma ORVE-OFICINA DE REXISTRO VIRTUAL, na cal este Concello tamén está integrado co código LO1360101.
Este servizo que ofrece Correos permite á cidadanía e ás empresas o rexistro e envío instantáneo de documentos dixitalizados ás Administracións Públicas do noso pais, incluído tamén o noso Concello.
Estas xestións poden ser realizadas dende a nova Oficina de Correos de Catoira situada en rúa do Concello, número 14.
Para enviar documentación a calquera administración pública a través deste servizo só hai que acudir a unha oficina de correos cos documentos orixinais. O persoal de Correos escanea, cotexa e envía a documentación en formato electrónico, entregando ao usuario copia do rexistro efectuado.
A través desta plataforma, e a esta colaboración con Correos, facilítanse as relacións entre a administración e a cidadanía, para que calquera tipo de trámite se poida facer de maneira máis sinxela.
O concello de Catoira continúa co mantemento e arranxo das fontes e lavadoiros do termo municipal.
Sustitución e arranxo dos canos de fonte Mosteira (San salvador)
Roza de maleza na contorna dos lavadoiros.
O martes 24 de agosto de 2021 realizarase en Catoira un cribado covid en horario de 9:00 a 14:30.
Citaranse mediante SMS a 570 persoas con tarxeta sanitaria activa no concello de entre 16 e 39 anos.
Tres equipos extractores realizarán unha PCR de mostra nasofarinxea.
O lugar de realización das probas será o multiusos do concello de Catoira.
O martes 13 de xullo ábrese o prazo para inscribirse como tripulación das seis embarcacións viquingas que participarán o día 1 de agosto nun ascenso e descenso polo río Ulla desde a Praia Fluvial ata a Illa Castrivello. NON HABERÁ DESEMBARCO NAS TORRES.
O formulario de inscrición estará dispoñible na seguinte ligazón:
https://catoira.sedelectronica.gal/board/975040b6-f59b-11de-b600-00237da12c6a/
Para a tramitación a través da sede electrónica deberán descargar o formulario, cubrir os datos e asinalo. Logo deberán presentalo a través do procedemento “Instancia xeral”, adxuntando o formulario e maila copia do DNI. NON SERÁN ADMITIDAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS ANTES DO MARTES 13 DE XULLO.
A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla acaba de publicar na súa web un percorrido virtual en 360º polas distintas localizacións da ruta, incluída Catoira. No noso caso, poden visitarse as Torres de Oeste, desde diferenes perspectivas, e os muíños de vento.
A visita pode realizarse a través dun PC ou dispositivo móbil. Para unha experiencia máis realista, recoméndase o uso de gafas 3D.
Abra a seguinte ligazón para comezar o percorrido:
(Para abrir o mapa e ir directamente a un punto da Ruta, debe facer clic no icono de localización que aparece na esquina inferior esquerda)
Web da Fundación: https://arousaeullafundacionxacobea.com/
Esta semana, o reparto de máscaras nos centros sociais para persoas máis vulnerables a posibles contaxios por coronavirus será do seguinte xeito:
– XOVES 28 en ABALO, de 10:00 a 13:00 h
– VENRES 29 en OESTE e DIMO, de 10:00 a 13:00 h
Ademais, poden recollerse CALQUERA DÍA, de luns a venres, na BIBLIOTECA de 9:00 a 14:30 h.
Pedimos desculpas polas molestias que poida causar este cambio.