Ante a posibilidade de apertura das terrazas dos establecementos hostaleiros, e co fin de favorecer a volta á actividade deste colectivo profesional, o Goberno Local decidiu permitir, dentro das súas competencias, a ampliación destes espazos a aqueles locais que teñan a posibilidade de facelo. Esta medida non implicará ningún gravame para estes negocios, que xa non viñan aboando ningunha taxa por posuír terrazas.
Esta iniciativa súmase á decisión do Grupo de Goberno de levar ao pleno da Corporación unha proposta para reducir a taxa de recollida de lixo a aqueles establecementos e empresas que pecharon a súa actividade con motivo do decreto do estado de alarma. Esta redución faríase extensible tamén ás persoas traballadoras que sufriron un ERTE ou que pasaron a unha situación de desemprego por este motivo.

Top