O CONCELLO DE CATOIRA MELLORA A XESTIÓN DE BIORRESIDUOS

O Concello de Catoira deixa planificada a implantación da mellora de biorresiduos que afecta á Rúa do Concello e á Rúa da Estación.

O proxecto inclúe a implantación dun total de 20 colectores de cor marrón que se incorporarán á recollida selectiva municipal na vía pública, apostando pola economía circular e aproveitando as vantaxes ambientais, económicas e sociais que esta alternativa supón á xestión de biorresiduos.

Este proxecto piloto de recollida selectiva de materia orgánica destínase a uns 150 fogares e grandes productores (supermercados, centros educativos, hoteis, restaurantes, etc.) pertencentes ao núcleo urbano de Catoira.

Ademais dos 20 colectores, tamén se subministraron 150 caldeiros de biorresiduos e 150 rolos de bolsas compostables.

O orzamento total deste proxecto ascende a 4.311,23 euros, e está co financiado con fondos da Unión Europea e unha achega municipal de 1.104,53 euros.

GOZA DO ULLA 2022 – CATOIRA: DE PEDRAS MIUDAS Á RIBEIRA DO ULLA

Data: Domingo. 2 de outubro de 2022
Hora de saída: 10:00h.
Distancia: 12 Km.
Dificultade: Media-Baixa
Punto de encontro: Concello de Catoira
Contacto e Información:
• Tel: 986 546 014 (Departamento de Cultura)
• Correo electrónico: cultura@catoira.gal
O percorrido parte da casa do Concello. Cruzando a aldea de Trasdaveiga subimos aos Muíños do Vento para descender logo ata a Lagoa Pedras Miúdas. Seguimos descendendo ata o sendeiro do Río Catoira que nos leva ó Muíño do Cura (de marea) e enlaza co sendeiro polo borde do Río Ulla. Pasaremos pola Praia Fluvial, as Torres de Oeste a zona de brañas incluídas na Rede Natura 2000.
Retornaremos polo mesmo percorrido, pasando onda o Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) e regresando ata a Fonte Gaiteira.

 

PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO TEMPADA 2022/23

Está aberto o prazo de inscrición para programa de vacacións para maiores do imserso tempada 2022/23

Poderán participar no programa todas as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos cumpridos.
  • Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en tódolos casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiaria/o do sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Ser emigrante retornada/o a España e pensionista do Sistema público da Seguridade Social do país do que se ten retornado.
  • (A/O cónxuxe non é necesario que reúna os requisitos de idade e pensión).

INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello.

PRAZO: ata o 30 de xullo de 2022.

A ASOCIACIÓN ARDGLASS VIKINGS PARTICIPA NO DESEMBARCO VIKINGO 2022 CUNHA RÉPLICA DUN DRAKKAR DA SERIE “VIKINGS”

Este ano vai participar no desembarco vikingo unha réplica dun drakkar dos utilizados na serie “Vikings”.
Na fotografía aparecen membros da asociación Ardglass Vikings xunto ó alcalde nunha visita anterior a esta localidade.
Esta asociación xa participou no desembarco da Romaría Vikinga do ano 2005.
Toda unha honra volver a telos por aquí!!
Top