O Concello de Catoira deixa planificada a implantación da mellora de biorresiduos que afecta á Rúa do Concello e á Rúa da Estación.
O proxecto inclúe a implantación dun total de 20 colectores de cor marrón que se incorporarán á recollida selectiva municipal na vía pública, apostando pola economía circular e aproveitando as vantaxes ambientais, económicas e sociais que esta alternativa supón á xestión de biorresiduos.
Este proxecto piloto de recollida selectiva de materia orgánica destínase a uns 150 fogares e grandes productores (supermercados, centros educativos, hoteis, restaurantes, etc.) pertencentes ao núcleo urbano de Catoira.
Ademais dos 20 colectores, tamén se subministraron 150 caldeiros de biorresiduos e 150 rolos de bolsas compostables.
O orzamento total deste proxecto ascende a 4.311,23 euros, e está co financiado con fondos da Unión Europea e unha achega municipal de 1.104,53 euros.