Está aberto o prazo de inscrición para programa de vacacións para maiores do imserso tempada 2022/23
Poderán participar no programa todas as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos cumpridos.
- Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en tódolos casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiaria/o do sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
- Ser emigrante retornada/o a España e pensionista do Sistema público da Seguridade Social do país do que se ten retornado.
- (A/O cónxuxe non é necesario que reúna os requisitos de idade e pensión).
INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello.
PRAZO: ata o 30 de xullo de 2022.