O Concello de Catoira vai ser o escenario da gravación de dous novos videoclips do próximo traballo discográfico de Baiuca. As filmacións realizaranse este sábado 9 de marzo e o 6 de abril, utilizando espazos como Pedras Miúdas e o Auditorio Municipal, dando así proxección internacional ao noso municipio grazas ao alcance mundial da música do artista catoirense Alejandro Guillán.
O Concello, que facilitará a gravación con recursos propios, aparecerá como entidade colaboradora e poderá utilizar os audiovisuais para promocionar turisticamente o municipio.
Top