O Concello de Catoira informa que, co fin de facilitar o rexistro obrigatorio de explotacións avícolas de autoconsumo (galiñeiros, entre outros), haberá a disposición da veciñanza nas oficinas municipais o modelo MR501A, que poderán presentar a través do Rexistro do Concello.
Este procedemento réxese polo Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas e o órgano responsable é o Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia. Para consultas relacionadas con este tema poden contactar co Servizo de Gandaría de Pontevedra no teléfono 886206569.
Top