A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Catoira dúas subvencións ao abeiro do PLAN +PROVINCIA 2024 (LIÑA 2) “Actividades, gastos correntes e obras puntuais non cualificables como investimentos”.
Dentro desta liña, concedeuse unha axuda por importe de 7.945,00 euros para o proxecto solicitado ao abeiro do apartado “Gasto corrente derivado da prestación de servizos municipais, incluídos os contratos de servizos que se estimen necesarios para desenvolver as devanditas prestacións e obras puntuais que non teñan a consideración de investimentos.” A outra subvención, por importe de 31.969,59 euros, estará destinada á programación cultural anual.
As subvencións foron concedidas por sendas resolucións presidencias emitidas con data de 29 de abril de 2024.