O Concello de Catoira vai abrir un proceso de concurso-oposición de funcionarias/os interinas/os auxiliares administrativos, para cubrir postos vacantes con carácter temporal ou satisfacer necesidades puntuais.
O Goberno local levará a cabo este proceso seguindo o seu compromiso de garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades no acceso aos empregos públicos do Concello. Neste caso, trátase de contar cunha bolsa de candidatas/os para cubrir prazas de funcionarias/os interinas/os auxiliares administrativos, con carácter temporal, pertencentes ao grupo C2, adscritos á Secretaría-Intervención.
O anuncio desta convocatoria será publicado proximamente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Unha vez publicado o anuncio ábrese un prazo de 20 días naturais para a presentación de solicitudes. As bases que rexerán esta convocatoria serán publicadas na sede electrónica do Concello, na web catoira.gal e no taboleiro de anuncios do Concello.
Top