A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, concedeu unha axuda por importe de 34.396,00 € para
a “Modernización e xestión sustentable do Auditorio de Catoira”, que ten un orzamento de 49.137,00 €.
O proxecto permitirá modernizar o sistema de iluminación do Auditorio Municipal e substituír os proxectores halóxenos por outros de tecnoloxía LED, así como a instalación dun falso teito no espazo do escenario, completando a envolvente térmica do conxunto, o que permitirá mellorar as condicións de control da demanda enerxética.
Este proxecto conta con financiamento dos fondos NextGeneration da Unión Europea e foi apoiado pola Xunta de Galicia.