O Concello informa que xa se pode solicitar a inscrición na Escola Municipal de Teatro.
As clases comezarán no mes de abril de 2024. En función do número e perfil de inscritos/as organizaranse grupos por idades.
DESTINATARIAS/OS: Persoas a partir dos 5 anos de idade. Terán preferencia as persoas empadroadas en Catoira.
INSCRICIÓN: no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal (poderán descargar o formulario na sección anuncios). A inscrición é gratuíta.
PRAZO: ata o 12 de abril de 2024.
REUNIÓN INFORMATIVA: Venres 5 de abril na Sala Celso Emilio Ferreiro, ás 19:00 h co grupo infantil (de 5 a 10 anos) e ás 20:00 h co grupo de adultos (de 11 anos en diante).
Top