Cea Vikinga e Noite de Luz

A Cea Vikinga celébrase a noite do sábado nunha gran carpa situada no recinto das Torres de Oeste. Unha animada velada na que arredor de 1000 persoas, ataviadas con vestiario de época medieval, reviven de forma auténtica o espírito viquingo degustando viandas típicas da terra.
Como preámbulo á algarabía que caracteriza o desembarco viquingo, e despois da Cea Vikinga, celébrase no recinto das Torres de Oeste un espectáculo de luz e pirotecnia, de gran impacto visual e sentimental, que apela á paz e a confraternidade entre pobos. Centos de persoas portando fachos acompañan a dramatización do conxuro da queimada, que logo se reparte entre os asistentes nun brinde de paz e harmonía entre irmáns.

Top

Edificio Multiusos Rúa do Concello, 1 36612, Catoira (Pontevedra)

Tf. 986 54 60 14

concello.catoira@eidolocal.es