ROMARÍA VIKINGA 2019

PROGRAMA 2019

Consulta o programa completo no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica:

https://catoira.sedelectronica.gal/info.0

CEA VIKINGA

Últimas entradas para á venda online:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/torres-de-oeste/10292–cea-vikinga.html

INSCRICIÓN NO DESEMBARCO

O mércores 3 de xullo ábrese o prazo de inscrición de tripulantes nos barcos que participan no Desembarco Vikingo. Na sede electrónica poden descargarse os formularios. Deberán presentarse no Rexistro do Concello, ou ben presencialmente ou a través da sede electrónica, ata o 24 de xullo de 2019.

MERCADO

O mércores 3 de xullo ábrese o prazo de solicitude de postos no mercado da Romaría Vikinga. Na sede electrónica poden descargarse as bases e formularios. O prazo remata o 29 de xullo de 2019.

Para poder presentar as solicitudes telemáticas o/a solicitante deberá posuir algún tipo de certificado dixital, DNI dixital activado ou sistema cl@ve.

Para presentar as solicitudes telemáticas deberán entrar na sede electrónica, descargar, cubrir, asinar e escanear o formulario (dispoñible na sección “Anuncios”). Logo deberán entrar no apartado de trámites e cubrir o modelo de “Instancia xeral”, logo adxuntar a documentación solicitada (formulario e, para o desembarco tamén copia de DNI).

Top