APROBACIÓN LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS A PROCESO SELECTIVO OPERARIOS SERVIZOS MULTIPLES POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN. PROGRAMA DE VERÁN

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

DON XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA PONTEVEDRA), en uso das atribucións que me confire o artigo 21.1, f) da Lei 7/1985, de 02 da abril, Bases do Réxime Local,

Ditada Providencia de data 19/07/2023 para o inicio do procedemento de selección de 5 prazas de peóns/operarios de servizos múltiples, por circunstancias da produción, xustificadas en maiores necesidades xurdidas por un aumento das actividades que se están e se van a levar a cabo no período estival neste Concello.

Vistas as bases de selección para BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE CINCO (5) POSTOS DE PEÓNS/OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES VINCULADOS ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN, elaboradas pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en data 21/07/2023.
Visto o informe de Secretaría-Intervención número 17, de data 21/07/2023, ditado o Decreto de Alcaldía número 63/2023, polo que se aproban as bases e se ordena a publicación do anuncio de convocatoria, e rematado o prazo de presentación de solicitudes para a participación no proceso de selección.

Non existindo ningún aspirante excluído e de acordo co disposto nas citadas Bases,

RESOLVO:

DECRETO 2023-0182 [decreto aprobación LISTA DEFINITIVA operarios]

A VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA DE DEPORTES, CONCEDE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, concedeu, ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024, unha axuda por importe total de 48.589,32 €, para as actuacións de que detallan a continuación:

 

Liña Descrición da actuación Orzamento da actuación Axuda concedida 2023 Axuda concedida 2024
Liña I Acondicionamento interior de pavillón 48.236,65 € 22.698,24 € 15.891,08 €
Liña II Equipamento para o club de piragüismo 12.765,00 € 5.882,00 € 4.118,00 €

 

A subvención foi concedida por Resolución do Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e notificada a este concello con data do 19 de xullo de 2023.

Catoira, na data da sinatura electrónica.

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Xoán Xosé Castaño Conde.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPORTES (7-2023)

A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER), DEPENDENTE DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA, CONCEDE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, concedeu, ao abeiro da Resolución do 28 de febreiro de 2023, para a concesión en réxime de concorrencia non competitiva, mediante resolución, correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, unha axuda por importe de 38.633,06 €, para a obra “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS, FASE VI”, que ten un orzamento de 46.746,00 €.

A subvención foi concedida por Resolución da Directora Xeral de AGADER de 17de xullo de 2023, e comunicada á administración municipal con data do 18 de xullo de 2023.

Catoira, na data da sinatura electrónica.

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Xoán Xosé Castaño Conde.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN AGADER (7-2023)

SELECCIÓN DE PERSOAL DE LIMPEZA VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL

Expte. número 182/2023. SELECCIÓN DE PERSOAL DE LIMPEZA VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

DON XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA), en uso das atribucións que me confire o artigo 21.1, f) da Lei 7/1985, de 02 da abril, Bases do Réxime Local, Ditada Providencia de data 18/07/2023 para o inicio do procedemento de selección de 1 praza de persoal de limpeza, xustificada na necesidade xurdida por un aumento das actividades que se están e se van a levar a cabo no período estival neste Concello.

Vistas as bases de selección para BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE UN (1) POSTO DE PERSOAL DE LIMPEZA VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN, elaboradas pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en data 19/07/2023.

Visto o informe de Secretaría-Intervención número 10, de data 19/07/2023, ditado o Decreto de Alcaldía número 156/2023, polo que se aproban as bases e se ordena a publicación do anuncio de convocatoria, e rematado o prazo de presentación de solicitudes para a participación no proceso de selección.

Non existindo ningún aspirante excluído, e de acordo co disposto nas citadas bases, RESOLVO:

DECRETO LISTA DEFINITIVA

ANUNCIO CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL. 5 PEÓNS/OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES

ANUNCIO

CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL.

POSTO OFERTADO: 5 PEÓNS/OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES

DURACIÓN DO CONTRATO: 1 MES

XORNADA LABORAL: XORNADA COMPLETA (40 HORAS SEMANAIS), DISTRIBUÍDOS DE LÚNS A
SÁBADO SEGÚN NECESIDADES DO SERVIZO.

TITULACIÓN ESIXIDA: graduado en ESO, Graduado Escolar ou equivalente – CELGA 1 do idioma galego (quen non poida acreditalo deberá realizar unha proba eliminatoria) – Carné de conducir B e dispoñer de vehículo propio.

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de méritos (valorarase a experiencia profesional, a formación en materias relacionadas co posto e carnés profesionais). As BASES da convocatoria están dispoñibles na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

FORMA DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede electrónica (https://catoira.sedeelectronica.gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 3 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación deste Anuncio e das Bases da convocatoria na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello (DO LUNS 24 AO MÉRCORES 26 DE XULLO).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Instancia solicitando participar na selección (publicada como ANEXO I das Bases)
  • Copia do DNI
  • Copia da titulación esixida (certificado de escolaridade ou equivalente)
  • Copia do permiso de conducir B
  • De ser o caso certificado de discapacidade ou certificación compatible
  • Copia compulsada do título CELGA 1 de idioma galego ou equivalente
  • Experiencia profesional: acreditarase cunha Vida Laboral actualizada e copia dos contratos de traballo.
  • Copia dos carnés de conducir, carnés profesionais e títulos dos cursos realizados relacionados co posto de traballo (deberán especificar as datas de realización e as horas de duración).

INFORMACIÓN: Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello

ANUNCIO OPERARIOS

BASES REGULADORAS OPERARIOS

ANUNCIO CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL.

ANUNCIO
CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL VINCULADO ÁS ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE OCIO DO PERÍODO ESTIVAL.

POSTO OFERTADO: 1 TRABALLADOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA

XORNADA LABORAL: XORNADA COMPLETA (40 HORAS SEMANAIS), DE LÚNS A SÁBADO.

HORARIO DE TRABALLO: De luns a venres: de 8,00 a 12,00 e de 16,00 a 19,00 h. Sábados: de 8,00 a 13,00 h.

TITULACIÓN ESIXIDA: Certificado de escolaridade ou equivalente, CELGA 1 do idioma galego (quen non poida acreditalo deberá realizar unha proba eliminatoria) e Carnet de conducir B e dispoñer de vehículo propio.

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de méritos (valorarase a experiencia profesional e a formación en materias relacionadas co posto). As BASES da convocatoria están dispoñibles na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

FORMA DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede electrónica (https://catoira.sedeelectronica.gal) ou nalgún dos lugares previstos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 3 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación deste Anuncio e das Bases da convocatoria na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello (DO XOVES 20 AO LÚNS 24 DE XULLO).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Instancia solicitando participar na selección (publicada como ANEXO I das Bases)
  • Copia do DNI
  • Copia da titulación esixida (certificado de escolaridade ou equivalente)
  • Copia do permiso de conducir B
  • De ser o caso certificado de discapacidade ou certificación compatible
  • Copia compulsada do título CELGA 1 de idioma galego ou equivalente
  • Experiencia profesional: acreditarase cunha Vida Laboral actualizada e copia dos contratos de traballo.
  • Copia dos títulos dos cursos realizados relacionados co posto de traballo (deberán especificar as datas de realización e as horas de duración).

INFORMACIÓN: Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello

ANUNCIO PERSOAL LIMPEZA

BASES DE SELECCIÓN DE PERSOAL DE LIMPEZA

BANDO BONO CONCILIA FAMILIA

BANDO

XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA)

FAI SABER:

Que está aberto o prazo de solicitude de, BONO CONCILIA FAMILIA

Concesión de axudas ás familias con crianzas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023.

REQUISITOS:

– Que a crianza sexa menor de trece anos no momento en que se produce o suposto para o cal se solicita a axuda.

– Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou nais/pais con custodia non compartida estean efectivamente traballando, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente da crianza como por necesidades en períodos de vacacións escolares.

Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente e, nestes casos, cada nai/pai deberá presentar unha solicitude individual.

IMPORTE MÁXIMO DAS AXUDAS:

Ata 500€ para contratación dunha empregada do fogar ou servizos de atención á infancia no domicilio.

Ata 200€ para asistencia a servizos de conciliación, campamentos ou outros recursos de conciliación organizados para os períodos de vacacións escolares.

PRAZO: ATA 15 DE SETEMBRO.

INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais do Concello.

Catoira, 18 de xullo de 2023
O ALCALDE-PRESIDENTE

BANDO BONO CONCILIA FAMILIA

BANDO BOLSA DE EMPREGO

BANDO

XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA),

FAI SABER:

Que segue aberto o servizo de:

BOLSA DE EMPREGO

FINALIDADE: mediar entre as persoas desempregadas, ou na procura de mellora de emprego e as empresas e particulares que soliciten traballadoras/es.

EMPRESAS E/OU PARTICULARES na procura de traballadores/as poidan facernos chegar as súas ofertas de emprego co fin de difundilas e facilitarlles o contacto con aquelas/es candidatas/os inscritos na Bolsa de Emprego co perfil solicitado.

PERSOAS DESEMPREGADAS OU NA PROCURA DE MELLORA DE EMPREGO poden inscribirse na Bolsa de Emprego no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.

Catoira, 14 de Xullo de 2023

O ALCALDE-PRESIDENTE

BANDO BOLSA EMPREGO

LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS DAS/OS CANDIDATAS/OS AOS POSTOS DE MONITORAS/ES DO PROGRAMA “CONCILIA VERÁN 2023”

En aras da total transparencia e respectando a lei de protección de datos publicamos a lista de admitidos e excluídos no proceso de baremación de méritos das/os candidatas/os aos postos de monitoras/es do programa “Concilia Verán 2023”

LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS DAS/OS CANDIDATAS/OS AOS POSTOS DE MONITORAS/ES DO PROGRAMA “CONCILIA VERÁN 2023”

Top