ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA DO IES DE TEIS (VIGO) ESTUDA O MEDIO AMBIENTE DE CATOIRA

ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA DO IES DE TEIS (VIGO) ESTUDA O MEDIO AMBIENTE DE CATOIRA
O pasado mércores 18 de abril, un grupo de mozos e mozas do IES de Teis, acompañados pola súa profesora, Alicia López, estiveron de visita por puntos emblemáticos do patrimonio natural do Concello de Catoira : Muíños de vento, a lagoa de Pedras Miudas, as Torres de Oeste, os arredores das Lombas, onde se fixeron as prospeccións de augas minero-medicinais, e os depósitos sedimentarios antigos das Barreiras, perfectamente transitables e accesibles grazas aos labores de limpeza feitos polo Concello ex profeso para esta visita.
O obxectivo: facer inspección ambiental por un día. Como bo equipo investigador, tomaron datos sobre os recursos que se explotaban na zona, os riscos naturais máis frecuentes e os posibles impactos que poderían chegar a darse. Durante as seguintes semanas seguirán traballando sobre o estudado, ata redactar un informe final coas súas fotos e observacións.
Con esta visita, xa van 15 edicións nas que o departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Teis leva aproveitando as posibilidades didácticas que ten a contorna, e gozando sempre das facilidades e colaboración do Concello de Catoira.

Educadoras de York imparten actividades formativas sobre os viquingos ao alumnado de ESO do colexio de Catoira

Catoira, 4 de abril de 2018

Dúas educadoras do museo Jorvik (York) impartirán o vindeiro luns 9 e o martes 10 de abril accións formativas sobre os viquingos a alumnado de ESO do CPI Progreso de Catoira. Esta actividade está integrada no proxecto Follow the Vikings, como acción complementaria do roadshow que acollerá Catoira este verán.

Durante os dous días organízanse dous grupos de traballo entre o alumnado de 3º e 4º de ESO, nos que se impartirán charlas, obradoiros e xogos sobre a vida dos viquingos, a mitoloxía e os restos arqueolóxicos. Para iso, as educadoras de York Archaeological Trust-Jorvik traerán réplicas de obxectos procedentes do museo que o alumnado poderá manipular. Esta actividade serve tamén para establecer sinerxias co proxecto Erasmus+, no que está a participar o colexio, e que permitirá levar a cabo un intercambio de 15 estudantes de ESO nas vindeiras semanas co colexio La Salle de Dundalk (Irlanda).

Por outra parte, o alcalde e técnicos do Concello de Catoira asistiron a pasada Semana Santa aos preparativos, ensaios e posta en escena do roadshow “Follow the Vikings”, que se celebrou en Dublín o sábado 31 de marzo. Este impactante espectáculo, que combina teatro, música, danza e proxeccións audiovisuais, chegará a Catoira os días 2 e 3 de agosto, coincidindo coa semana da Romaría Vikinga.

O proxecto “Follow the Vikings”, de 4 anos de duración, está cofinanciado pola UE. En conxunto, persegue a divulgación e posta en valor do patrimonio e cultura dos viquingos, facilitar a accesibilidade e comprensión do seu legado a nivel internacional e, desde xeito, manter e estimular a economía e o desenvolvemento das zonas participantes, así como o seu posicionamento como principal destino turístico.

A Amtega renova todos os equipos informáticos da Aula CeMIT de Catoira

Luns, 12 de marzo de 2018

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levou a cabo a renovación dos equipos informáticos da aula CeMIT de Catoira, situada na Casa de Cultura, por tratarse dunha aula cun alto nivel de actividade.

En total substituíronse 21 computadores, equipados con procesadores de última xeración que melloran notablemente a experiencia e acceso dos usuarios ás aplicacións actuais.

A Aula CeMIT de Catoira foi inaugurada en 2008 e, desde entón, leváronse a cabo multitude de accións formativas e eventos relacionados coas novas tecnoloxías, sobre todo de alfabetización dixital. O ano pasado o Concello conseguiu a consideración de aula de referencia, e o proxecto formativo anual impulsado pola axente TIC foi seleccionado pola Amtega para a terceira edición do Programa CeMIT-Innova. Na actualidade estanse a impartir dous cursos, un de mañá, e outro de tarde, no que participan preto de vinte persoas.

Pablo Culebras presenta en Catoira o proxecto “Xaque a Jakobusland”

O 28 de febreiro presentouse no CPI Progreso de CAtoira o traballo Xaque a Jakobusland, de Pablo Culebras, composto dun xogo de xadrez temático e un libro explicativo sobre as incursións viquingas. Este proxecto busca sumar ao atractivo do xadrez outros aspectos históricos, estéticos e lúdicos, e de paso divulgar algún dos tesouros pouco coñecidos da nosa historia e do seu legado.

O Concello de Catoira programa unha charla-coloquio sobre o mal uso das novas tecnoloxías

Catoira, 12 de marzo de 2018
O Concello de Catoira, a través do Plan de Prevención de Drogodependencias, convoca aos pais e nais a unha xornada sobre o mal uso das novas tecnoloxías prevista para este xoves 15 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Catoira. No encontro abordarase o comportamento dos adolescentes en relación coas TIC (móbiles, internet, redes sociais, videoxogos, etc.), que en moitos casos deriva en condutas aditivas.

Nesta charla-coloquio intervirán Manuel Isorna, técnico de prevención do Concello, que fará un repaso aos datos actuais sobre o mal mal uso das TIC e como empezar a previr, e José Torres, responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil, que informará sobre medidas legais e de control.

O Concello de Catoira acolle a exposición “O naufraxio do Santa Isabel”

O xoves, 8 de marzo, inaugurouse na sala de exposicións Luís Seoane do Edificio Multiusos de Catoira a exposición “O naufraxio do Santa Isabel”, o denominado Titanic das costas españolas. O afundimento, ocorrido o 2 de xaneiro de 1921, provocou a morte de máis de 200 pasaxeiros.

A mostra está composta por 86 paneis con información e fotografías relacionados coa catástrofe, maquetas, obxectos do buque e unha proxección audiovisual.

A mostra permanecerá aberta ao público ata o día 18 de marzo, de luns a xoves de 10:30 a 12:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas, os venres de 16:30 a 19:30. Tamén abrirá o domingo 10 pola mañá e o domingo 18 pola tarde.

O acto inaugural foi o día 8 ás 19:00 horas. Coincidindo co Día Internacional da Muller, o comisario da exposición, o xornalista e editor Celestino Viéitez, impartiu unha charla baixo o título “Heroínas de Sálvora, do ceo aos infernos”. Tamén actuou o coro do Centro Municipal do Maior (Cemuma).

noticia1

«Ecos de Cortegada» en Catoira

La exposición «Ecos de Cortegada», que se inauguró ayer en el Multiusos de Catoira, explica la historia de las personas que vivieron en la isla hasta su expulsión y su entrega, como regalo, a Alfonso XIII. Tras rotar por los colegios de Vilagarcía, estará en Catoira todo junio.

Top