Abre ao público a oficina de turismo

O pasado 14 de maio abriu ao público a oficina de turismo de Catoira, situada no Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO), na entrada ao recinto da fortaleza.

Desde a súa apertura xa pasaron pola oficina 170 persoas, procedentes de diversas rexións e nacionalidades (Inglaterra, Bélxica, Francia, Holanda, Arxentina…), o que supón un balance moi positivo.

A oficina forma parte da rede de Turismo Rías Baixas.

Contacto:

Tf: 986 686 817

Correo: turismocatoira@gmail.com

Horario:

Mañá: 10:00 a 13:00 h (de martes a domingo)

Tarde: 17:00 a 19:00 h (de martes a xoves), de 17:00 a 20:00 h (venres e sábados)

O Concello de Catoira organiza un obradoiro de defensa persoal

O Concello de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición no obradoiro de defensa pesoal ante situacións de violencia de xénero que se vai impartir o sábado 11 de maio no Edificio Multiusos entre as 16:30 e as 20:30 horas.

O obradoiro consta de dúas partes. Unha parte teórica na que intervirán un sarxento da Garda Civil responsable do seguemento de vítimas de violencia de xénero, que falará das actuacións policiais e da APP Alert Corps; e Marcela Santorum, psicóloga experta en violencia de xénero, que presentará os recursos dispoñibles para as vítimas de violencia de xénero. Na parte práctica, instrutores de defensa pesoal da Garda Civil ensinarán ás participantes a aplicación práctica das manobras de defensa.

A participación no obradoiro é gratuíta. As persoas interesadas deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais antes do 10 de maio.

FESTA DE ENTROIDO

O domingo 3 de marzo celébrase a Festa de Entroido en Catoira. O desfile comeza ás 17:30 horas na Praza do Doutor Vázquez, encabezada polo Meco Mexillón e a Charanga Noroeste. O percorrido remata no Pavillón Municipal de Deportes, onde se celebra o desfile infantil e o concurso de comparsas.

As comparsas teñen de prazo ata o luns 25 de febreiro para inscribirse.

  • CONCURSO COLECTIVO:
    • REQUISITOS: As comparsas deberán estar integradas por un mínimo de 15 persoas, representadas por unha persoa maior de idade. Deberán representar a idea central do seu disfrace na Festa de Disfraces que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes despois do desfile polas rúas do municipio o domingo 3 de marzo.
    • INCENTIVO: Establécese un incentivo de 100 euros para as dez primeiras comparsas que se inscriban e participen no concurso.
    • PREMIOS: 1º premio de 300 €, 2º premio de 200 € e 3º premio de 100 €. Os premios ás mellores comparsas serán outorgados por votación do público asistente.
    • INSCRICIÓN: no departamento de Cultura do Concello (Tf. 986 546 014, Ext. 3036), dende o 4 ao 25 de febreiro de 2019.
  • DESFILE DE DISFRACES INFANTIL: Haberá obsequios para os rapaces/zas que acudan disfrazados/as e participen no desfile que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes (ata fin de existencias).
  • CONVOCATORIA: Tódolos/as participantes deberán concentrarse na Praza do Dr. Vázquez (Estación de FFCC) ás 17:30 horas do domingo 3 de marzo. O desfile de comparsas e disfraces partirá deste punto e percorrerá a Rúa da Estación para rematar no Pavillón Municipal de Deportes. En caso de chuvia o desfile comezará no Pavillón ás 18:00 horas.
Top