REPRESENTANTES DE MAR DE SANTIAGO REÚNENSE EN CATOIRA

O martes 26, reuníronse no Concello de Catoira representantes dos catro municipios que integran o xeodestino Mar de Santiago. O alcalde, Xoán Castaño, e o concelleiro de Cultura, Raúl G. Pato, fixeron de anfitrións nun encontro ao que tamén asistiron a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, e os alcaldes de Valga, José María Bello, e de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.
No encontro abordáronse os distintos proxectos e iniciativas que se levarán a cabo a través do xeodestino.
Entre eles fixáronse as liñas de actuación en relación ao noso concello, que levarán consigo unha partida económica procedente dos fondos Next Generation coa que realizaremos distintas actuacións para continuar situando a Catoira como destino turístico de primeiro nivel.

BASES CREACIÓN BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

ANUNCIO da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra:

ANUNCIO BOPPO

BASES reguladoras da creación dunha bolsa de emprego para a selección de funcionarias/os interinas/os pertencentes á escala de administración xeral, auxiliares administrativos, do concello de Catoira, co obxecto de cubrir postos vacantes con carácter temporal ou satisfacer necesidades puntuais previstas na lexislación vixente:

BASES MODIFICADAS RESOLUCIÓN ALCALDÍA 29-09-23

Prazo para presentación de solicitudes: do 29 de setembro ao 18 de outubro de 2023, ambos incluídos.

COMEZA O CURSO “GALEGAS DIXITAIS” CON TODAS AS PRAZAS CUBERTAS NA QUENDA DE TARDE

Esta semana comezou o curso “Galegas dixitais” que se imparte na Aula CeMIT de Catoira. O alcalde, Xoán Castaño, a concelleira María Paz e o concelleiro Raúl G. Pato, acudiron onte á xornada inaugural.
A convocatoria desta acción de formación dixital para mulleres desempregadas de Catoira tivo unha gran aceptación e xa se cubriron as 30 prazas dispoñibles na quenda de tarde. O Concello e as entidades organizadores do curso están a valorar a posibilidade de organizar outra quenda polas mañás.
Ademais de recibir un título oficial acreditativo, as persoas que rematen as 120 horas de formación, recibirán un ordenador portátil de regalo. As alumnas poderán adquirir competencias dixitais básicas para o día a día, así como coñecementos para o traballo e o emprendemento.

ÁBRESE O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS DA XUNTA DE GALICIA

➢ MODALIDADE TODO INCLUÍDO:
Estadía 10 días e 9 noites con tratamento termal e aloxamento e manutención en réxime de pensión completa. As quendas terán lugar durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro.
➢ BENEFICIARIOS/AS:
Persoas maiores de 60 anos ou maiores de 55 que reúnan a condición de pensionista da Seguridade Social, que se atopen en condicións de participar no programa e que se vallan por si mesmas para as actividades básicas da vida diaria.
➢ PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 18 de outubro.
➢ PREZO: Segundo balneario escollido.
➢ INSCRICIÓN: Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello.

CONVÓCASE UNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

O Concello de Catoira vai abrir un proceso de concurso-oposición de funcionarias/os interinas/os auxiliares administrativos, para cubrir postos vacantes con carácter temporal ou satisfacer necesidades puntuais.
O Goberno local levará a cabo este proceso seguindo o seu compromiso de garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades no acceso aos empregos públicos do Concello. Neste caso, trátase de contar cunha bolsa de candidatas/os para cubrir prazas de funcionarias/os interinas/os auxiliares administrativos, con carácter temporal, pertencentes ao grupo C2, adscritos á Secretaría-Intervención.
O anuncio desta convocatoria será publicado proximamente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Unha vez publicado o anuncio ábrese un prazo de 20 días naturais para a presentación de solicitudes. As bases que rexerán esta convocatoria serán publicadas na sede electrónica do Concello, na web catoira.gal e no taboleiro de anuncios do Concello.

A AGADIC CONCEDE SUBVENCIÓN PARA A MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DO AUDITORIO

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, concedeu unha axuda por importe de 34.396,00 € para
a “Modernización e xestión sustentable do Auditorio de Catoira”, que ten un orzamento de 49.137,00 €.
O proxecto permitirá modernizar o sistema de iluminación do Auditorio Municipal e substituír os proxectores halóxenos por outros de tecnoloxía LED, así como a instalación dun falso teito no espazo do escenario, completando a envolvente térmica do conxunto, o que permitirá mellorar as condicións de control da demanda enerxética.

Este proxecto conta con financiamento dos fondos NextGeneration da Unión Europea e foi apoiado pola Xunta de Galicia.

 

BANDO PROGRAMA ALBOREXAR CURSO 2023/2024

BANDO
XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA)
INFORMA:
Que está aberto o prazo de inscrición para PROGRAMA ALBOREXAR CURSO 2023/2024
• DESTINATARIOS: crianzas de 3 a 14 anos.
• REQUISITOS: as crianzas deberán estar escolarizadas no C.P.I. Progreso durante o curso 2023/24.
• HORARIO: de luns a venres de 7:30 – 9:45 h.
• LUGAR: C.P.I. Progreso.
• DATA DE INICIO: 11 de setembro.
• INSCRICIÓN: no departamento de Servizos Sociais do Concello.
• PRAZO: Do 28 de agosto ao 30 de setembro.

NOVAS E INFORMACIÓN SOBRE A ROMARÍA VIKINGA 2023

LISTADO DE SOLICITANTES PARA PARTICIPAR NO DESEMBARCO
Na seguinte ligazón pode consultarse o listado de persoas solicitantes para participar no Desembarco Vikingo por orde de inscrición, tendo en conta o empadroamento.
2023_Listado_Inscritos_Desembarco

SORTEO DE TRIPULANTES DESEMBARCO

Este martes 1 de agosto ás 20:00 horas vaise celebrar no Auditorio Municipal o sorteo para asignar as persoas que subirán en cada unha das embarcacións participantes no Desembarco Vikingo. O sorteo será público e pode asistir calquera persoa interesada.

 

BANDO

XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA)

FAI SABER:

Ábrese o prazo para inscribirse como tripulación das embarcacións que participarán o día 6 de agosto no Desembarco Vikingo.

TRIPULACIÓN DESEMBARCO VIKINGO

REQUISITOS: Ser maior de idade e aceptar as normas establecidas pola Dirección General de la Marina Mercante do Ministerio de Transportes.

INSCRICIÓN: O formulario de inscrición deberá presentarse no Rexistro do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica. O documento poderá descargarse da sede electrónica (sección Anuncios). https://catoira.sedelectronica.gal/board

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no concello de Catoira con anterioridade ao 5 de xullo de 2023.

DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do DNI e formulario de inscrición cuberto e asinado.

PRAZO: Do 5 ao 21 de xullo de 2023, ambos incluídos.

Catoira, 3 de xullo de 2023
O ALCALDE-PRESIDENTE

Bando Tripulacion Barcos

ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDE DE POSTOS NO MERCADO DA ROMARÍA VIKINGA 2023

O día 1 de xuño ábrese o prazo para solicitar postos no mercado da Romaría Vikinga. O mercado medieval estará aberto os días 5 e 6 de agosto no recinto das Torres de Oeste, coincidindo coas xornadas do Xantar Vikingo e Desembarco Vikingo, respectivamente.

As persoas interesadas poden consultar as bases e descargar o formulario de solicitude no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello: https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

PROGRAMA ROMARÍA VIKINGA 2023

MARTES 1, MÉRCORES 2 DE AGOSTO / 22:15 h / Recinto das Torres de Oeste

Teatro: “Un neno vikingo”, baseada na obra de Kristina Berg

 


XOVES, 3 DE AGOSTO 

20:30 / VIQUINGUIÑA / Concerto de Paco Nogueiras / Alameda do Concello

 

22:15 h / Teatro: “Un neno vikingo”, baseada na obra de Kristina Berg / Recinto das Torres de Oeste

 

VENRES 4 DE AGOSTO:

20:00 Pasarrúas de Upsala Medieval Contorna da igrexa de Oeste

21:00 Pasarrúas de Upsala Medieval Contorna da igrexa de Dimo

21:30 Pregón a cargo de Alejandro Guillán “Baiuca” / Alameda da praia fluvial

Vikinsons / Alameda da Praia Fluvial de Catoira.

22:00 h / Concertos de:


SABADO 5 DE AGOSTO:

14:30 h / Xantar Vikingo / Recinto das Torres de Oeste / Venda de entradas aquí.

16:00 h / Actuacións de Upsala Medieval

Mercado medieval durante todo o día. / Recinto das Torres de Oeste /

 

19:30 h / VIQUINGUIÑA / Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona / Alameda do Concello

20:30 h / Pasarrúas de Upsala Medieval. Parroquia de Abalo.

Vikinsons / Alameda da Praia Fluvial de Catoira.

21:00 h / Concertos de:

  • Bloody Sunrise


DOMINGO 6 DE AGOSTO

Desembarco Vikingo / Recinto das Torres de Oeste

10,00 h / Pasarrúas de grupos folclóricos desde a Alameda do Concello ata o recinto das Torres de Oeste.

11,00 h / Degustación de mexillóns e viño tinto do Ulla. Recinto das Torres de Oeste

12,00 h / Actuacións de Troula e Upsala Medieval nas Torres de Oeste

12,30 h / Dramatización do desembarco vikingo nas Torres de Oeste

13,45 h / Actuacións de Troula e Upsala Medieval

Mercado medieval durante todo o día

Recinto das Torres de Oeste

19,00 h / VIQUINGUIÑA / Rudi Dudi – Clownamorado na Alameda do Concello

20:00 h / Concerto: Clara Pino & Pablo Vidal na Alameda do Concello

21,30 h / Concerto de TOR – Folk céltico da Galiza na Alameda do Concello

Top