O Concello continúa co reparto de máscaras para persoas vulnerables a través dos centros sociais

O Goberno Local continúa este venres coa distribución de máscaras destinadas ás persoas e colectivos máis vulnerables a posibles contaxios, como persoas maiores ou con patoloxías.
As persoas que necesiten estas máscaras, deberán achegarse a algún destes puntos atendendo na data e horario indicados:

PUNTOS DE ENTREGA:

Centro social de Oeste

Centro social de Dimo

Centro social de Abalo

Edificio Multiusos (Biblioteca)

DATA: Venres 22 de maio

HORARIO: De 10:00 a 13:00 h

Ademais, poden recoller as máscaras nas oficinas municipais calquera día laborable con cita previa, chamando ao teléfono 986 546 014.

O Goberno local insta á Xunta a que limpe e xestione o monte común de Oeste

O acalde, Xoán Castaño, enviou un escrito á Consellería de Medio Rural informando do estado de abandono que sofre o monte común da parroquia de Oeste desde que, hai dous anos, se disolvese a Comunidade de Montes que xestionaba ata entón eses terreos forestais.

Dende a extinción da comunidade veciñal non se vén realizando actividade no monte, polo que se atopa en deficiente estado de conservación, e as pistas forestais están totalmente cubertas por maleza, resultando intransitables para as/os veciñas/os que precisan acudir ás súas propiedades.

A normativa establece que a xestión dos montes en man común correspóndelle subsidiariamente á Consellería, en caso de extinción da comunidade veciñal.

Dado que se están a producir queixas por parte da veciñanza ante o Concello, o alcalde pon en coñecemento da Consellería de Medio Rural a situación, solicitando que adopte as medidas necesarias.

Uso de instalacións deportivas municipais ao aire libre

A partir do luns 18 de maio permítese o uso das instalacións deportivas municipais ao aire libre, baixo as seguintes condicións:

CITA PREVIA: é obrigatorio reservar o uso da instalación solicitando cita a través do correo cultura@catoira.gal, cun mínimo de 24 horas de antelación.

HORARIOS: só poderán utilizarse as instalacións de luns a venres en horario de 11:00 a 22:00 h, e sempre con cita previa.

ACTIVIDADES PERMITIDAS:

 Práctica deportiva individual ou máximo de 2 persoas para modalidades así practicadas.

 Sempre sen contacto físico, mantendo as medidas de seguridade e protección e unha distancia social de 2 metros.

RECOMENDACIÓNS:

 Antes e despois do partido: usar máscara, desinfectar as mans e material que se poida compartir.

 Durante o partido: utilizar bolas novas, manter a distancia de 2 m, non compartir auga nin toalla, desinfectar as mans e material nos cambios.

Reábrese ao público a Biblioteca Pública Municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Catoira, cumprindo con todos os protocolos de seguridade sanitaria, reabrirá ao público o próximo luns 18 de maio en horario de 9:00 a 14:30 h.

Na Fase 1 na que nos atopamos, unicamente se poderán realizar préstamos e devolucións de libros, debendo acceder ás instalacións unha persoa (ou un menor acompañado). O acceso require o uso de máscara facial e lavado de mans con xel hidroalcólico.

A data de devolución dos préstamos vixentes no momento da declaración do Estado de alarma foi prorrogada ata o 11 de xuño, polo que ata ese día non se reclamará a súa devolución. Os fondos devoltos serán postos en corentena durante 14 días para seguridade dos usuarios.

HORARIO DA BIBLIOTECA: De luns a venres de 9:00 a 14:30 h

Ábrese o prazo de inscrición na Escola de Música Municipal para o vindeiro curso

O luns 18 de maio ábrese o prazo de inscrición na Escola de Música Municipal para o curso 2020/2021.

As persoas interesadas poden presentar a solicitude, tanto para renovación de praza como para novo ingreso, dende o 18 de maio ao 17 de xullo.

PRAZO DE SOLICITUDE: do 18 de maio ao 17 de xullo de 2021

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Os formularios de solicitude poden descargarse e presentarse telematicamente a través da sede electrónica (https://catoira.sedelectronica.gal/), no correo da escola esmu.municipal.catoira@gmail.com ou ben presencialmente nas oficinas do Concello solicitando cita previa por teléfono (986546014)

Descargar formularios

DOCUMENTACIÓN :

 Impreso de inscrición

 Fotocopia do DNI ou do libro de familia (só para alumnos/as de novo ingreso)

 1 foto tamaño carné (só para alumnos/as de novo ingreso)

+ INFO: Escola de Música Municipal de Catoira

Tf: 676336288  correo: esmu.municipal.catoira@gmail.com

 

A partir do 11 de maio poden solicitarse de novo os permisos de queimas

A Consellería do Medio Rural ditou hoxe unha resolución pola que se levanta, a partires do vindeiro luns 11 de maio, a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos decretada desde o pasado 16 de marzo. Así, a partir da vindeira semana xa se poderán realizar de novo as comunicacións de queimas en terreos agrícolas e solicitar as autorizacións para terreos forestais, trámites que permanecían ata o de agora en suspenso a causa do estado de alarma.
Para iniciar a tramitación, e en tanto non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías, ou ben chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática a través do enderezo web: https://queimasweb.xunta.gal
Respecto das autorizacións e as comunicacións xa efectuadas que quedaron sen efecto por mor da suspensión, cómpre que os interesados soliciten unha nova autorización ou realicen unha nova comunicación.

O Goberno de Catoira favorecerá a ampliación de terrazas

Ante a posibilidade de apertura das terrazas dos establecementos hostaleiros, e co fin de favorecer a volta á actividade deste colectivo profesional, o Goberno Local decidiu permitir, dentro das súas competencias, a ampliación destes espazos a aqueles locais que teñan a posibilidade de facelo. Esta medida non implicará ningún gravame para estes negocios, que xa non viñan aboando ningunha taxa por posuír terrazas.
Esta iniciativa súmase á decisión do Grupo de Goberno de levar ao pleno da Corporación unha proposta para reducir a taxa de recollida de lixo a aqueles establecementos e empresas que pecharon a súa actividade con motivo do decreto do estado de alarma. Esta redución faríase extensible tamén ás persoas traballadoras que sufriron un ERTE ou que pasaron a unha situación de desemprego por este motivo.

O equipo de Goberno ofrece medios dispoñibles aos clubs para o reinicio da actividade deportiva

O Equipo de Goberno está a traballar en medidas para facilitar o reinicio da actividade deportiva dos clubs locais, cando estes así o decidan, atendendo á normativa e recomendacións das autoridades sanitarias. Neste sentido, o alcalde xa mantivo contactos cos directivos do Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga e co club de fútbol Catoira SD, a quen lles ofreceu máscaras para distribuír entre os deportistas, así como a posibilidade de que o persoal do Concello leve a cabo as tarefas de desinfección diaria das instalacións do campo das Lombas e do edificio de deportes náuticos. Ambas medidas foron recibidas moi favorablemente polas directivas.

Sede do Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga

Medidas para o reinicio da actividade dos mercados

Diante da Resolución da Consellería de Medio Rural de levantar a partir do 4 de maio a prohibición relativa á realización dos mercados tradicionais, con venda directa de produtos agrícolas e gandeiros, o Concello de Catoira informa das medidas de prevención que deben adoptar, tanto vendedoras/es como usuarias/os, seguindo as recomendacións da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp):

Top