Torres de Oeste

O Concello de Catoira repón a campá e realiza obras de reparación na Capela de Santiago das Torres de Oeste

O Concello de Catoira está a traballar nun proxecto de recuperación da Capela de Santiago, que forma parte do conxunto monumental das Torres de Oeste.

A actuación conta cun orzamento de 8231 euros, e inclúe a reposición da campá da capela, que foi roubada hai uns anos, así como a reinstalación do perpiaño de pedra da espadana e da cruz que a coroa. Tamén está prevista a restitución das pequenas ventás das bufardas, con cristal antivandálico, e o acondicionamento das dúas portas. No interior vaise actuar na mellora do estucado.

Ademais, xa se procedeu a realizar labores de limpeza nas pedras das paredes das torres, eliminando toda a vexetación enraizada.

Catoira acolle o proxecto “???????? ? ?? ????́?? ?? ?????????”

O vindeiro venres, 13 de novembro, celébrase no Auditorio Municipal o acto de presentación do proxecto “Castelao e os irmáns da liberdade”, que inclúe unha exposición e a proxección dun filme.
Esta actividade prográmase coincidindo co 70 cabodano de Castelao e o centenario da Xeración Nós (1920-2020). É unha oportunidade para homenaxear o ideario fondamente humanista, transformador e sempre actual de Castelao, protagonista desa xeración histórica que, a través da produción artística e cultural, a defensa da nosa lingua e a actuación política posterior, se percatou do seu deber social de crear para sempre a cultura galega.
O acto terá lugar o ?????? ?? ?́? ??:?? ?.
O aforo do Auditorio é de 60 prazas, que poden reservarse enviando os ????? ? ???????? ? ?? ????́???? ?? ???????? ao correo ???????@???????.??? ou no teléfono ????????? (ext. 2).
Seguiranse as medidas sanitarias establecidas frente ao Covid19.
Trailer do filme:
Top