O Concello contratará dúas persoas para o programa “Catoira saudable 2024-2025”

O Concello de Catoira publica os criterios de selección de 2 traballadoras/es, por un período de 6 meses (prorrogables outros 6 meses). A titulación esixida para poder acceder a cada un dos postos ofertados será:

-1 Ciclo medio de Formación Profesional nalgunha titulación das seguintes familias profesionais: Actividades físicas e deportivas; Servizos socioculturais e á comunidade e Sanidade.

-1 Ciclo superior de Formación Profesional nalgunha titulación das seguintes familias profesionais: Actividades físicas e deportivas; Servizos socioculturais e á comunidade e Sanidade.

Estas contratacións están subvencionadas a través do programa “+ EMPREGA NOS CONCELLOS” da Deputación de Pontevedra.

Pódesen consultar os criterios de selección na seguinte ligazón:

Taboleiro de anuncios – emprego público

 

O Concello recupera un tractor municipal e merca unha rozadoira-trituradora

O Concello de Catoira vén de recuperar un tractor municipal abandonado e de mercar unha nova rozadoira-trituradora para equipar a brigada municipal e realizar mantementos, roza e limpezas de vías e camiños con medios propios.
O alcalde, Xoán Castaño, explica que o goberno local quere potenciar desta maneira o servizo “abaratando ao máximo” os custos para as arcas municipais.

A Escola de música municipal de Catoira abre o prazo de matrícula para o curso 2024-2025

A Escola de música municipal de Catoira abre o prazo de matrícula para o curso 2024-2025.
Como novidade para este curso, ofrécense as especialidades de:
• Gaita
• Pandeireta
• Baile Tradicional
• Percusión tradicional
A inscrición pode tramitarse:
• Na oficina da escola de música: avda. Eloy Domínguez, nº 10
• Por correo electrónico: esmu.municipal.catoira@gmail.com
• Formulario de Google: https://forms.gle/zoq1V4YeEnDoJg8n6
Para máis información: 676336288

Programa Tech Kids “Argallando entre Xeracións”

O día 5 de setembro de 10 A 14 horas, e o 9 de setembro de 16:00 a 20:00 terán lugar na aula CeMIT de Catoira uns obradoiros de formación tecnolóxica “maker” para rapazada de 12 a 18 anos. Neles recibirás formación sobre deseño e impresión 3D, electrónica, robótica, programación e máis…

Tamén terá lugar a presentación do programa argallando.gal

Inscripcións na aula CeMIT de Catoira de luns a venres en horario de 9:30 a 12:00 ata o día 3 de setembro (incluído)

Asistencia de balde previa inscripción. Animádevos a participar!

 

 

PROGRAMA “+ BENESTAR” 2024

Organizado pola Diputación Provincial e o Concello de Catoira.
➢ CONTIDO: No programa ofrécese unha estancia de seis días e cinco noites en réxime de pensión completa ( nun hotel balneario, spa, etc).
➢ BENEFICIARIAS/OS:
– Estar empadroados na provincia de Pontevedra e ter máis de 55 anos.
– No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:
• Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
• Pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
• Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do Concello, un respiro familiar.
– Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
➢ PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 4 de setembro de 2024.
➢ PREZO: en réxime xeral, subvención de 100 € do custo da praza.
➢ INSCRICIÓN: no departamento de Servizos Sociais do Concello.

BANDO + BENESTAR DIPUTACIÓN PONTEVEDRA 2024.doc

PROGRAMA CATOIRA SAUDABLE

PROGRAMA CATOIRA SAUDABLE
“CEMUMA” e “Envellecemento activo nas parroquias”.
Comezo da actividade: 2 de setembro
Inscrición: Formulario na sede electrónica e no departamento de servizos sociais.
Pago a través de domiciliación bancaria:
  • Usuari@s do CEMUMA: 20€ mes
  • Usuari@s de Envellecemento activo nas parroquias: 10 € mes
Máis información: servizos sociais

CATOIRA MADRUGA. CURSO 24/25

Servizo de conciliación para familias traballadoras de Catoira.

ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓNS: A PARTIR DO 21 DE AGOSTO

Formulario dispoñible na sede electrónica e no departamento de Servizos sociais

Máis información: S.S.

CENTRO:

  • P.I. Progreso

HORARIO:

  • De 7:30 a 9:30

PREZO:

  • 40 €/mes por usuari@
  • 2ª irmá/an e seguintes: 10€/mes
  • Bono 10 sesións: 35€

Top