A partir do 11 de maio poden solicitarse de novo os permisos de queimas

A Consellería do Medio Rural ditou hoxe unha resolución pola que se levanta, a partires do vindeiro luns 11 de maio, a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos decretada desde o pasado 16 de marzo. Así, a partir da vindeira semana xa se poderán realizar de novo as comunicacións de queimas en terreos agrícolas e solicitar as autorizacións para terreos forestais, trámites que permanecían ata o de agora en suspenso a causa do estado de alarma.
Para iniciar a tramitación, e en tanto non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías, ou ben chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática a través do enderezo web: https://queimasweb.xunta.gal
Respecto das autorizacións e as comunicacións xa efectuadas que quedaron sen efecto por mor da suspensión, cómpre que os interesados soliciten unha nova autorización ou realicen unha nova comunicación.

O Goberno de Catoira favorecerá a ampliación de terrazas

Ante a posibilidade de apertura das terrazas dos establecementos hostaleiros, e co fin de favorecer a volta á actividade deste colectivo profesional, o Goberno Local decidiu permitir, dentro das súas competencias, a ampliación destes espazos a aqueles locais que teñan a posibilidade de facelo. Esta medida non implicará ningún gravame para estes negocios, que xa non viñan aboando ningunha taxa por posuír terrazas.
Esta iniciativa súmase á decisión do Grupo de Goberno de levar ao pleno da Corporación unha proposta para reducir a taxa de recollida de lixo a aqueles establecementos e empresas que pecharon a súa actividade con motivo do decreto do estado de alarma. Esta redución faríase extensible tamén ás persoas traballadoras que sufriron un ERTE ou que pasaron a unha situación de desemprego por este motivo.

O equipo de Goberno ofrece medios dispoñibles aos clubs para o reinicio da actividade deportiva

O Equipo de Goberno está a traballar en medidas para facilitar o reinicio da actividade deportiva dos clubs locais, cando estes así o decidan, atendendo á normativa e recomendacións das autoridades sanitarias. Neste sentido, o alcalde xa mantivo contactos cos directivos do Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga e co club de fútbol Catoira SD, a quen lles ofreceu máscaras para distribuír entre os deportistas, así como a posibilidade de que o persoal do Concello leve a cabo as tarefas de desinfección diaria das instalacións do campo das Lombas e do edificio de deportes náuticos. Ambas medidas foron recibidas moi favorablemente polas directivas.

Sede do Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga

Medidas para o reinicio da actividade dos mercados

Diante da Resolución da Consellería de Medio Rural de levantar a partir do 4 de maio a prohibición relativa á realización dos mercados tradicionais, con venda directa de produtos agrícolas e gandeiros, o Concello de Catoira informa das medidas de prevención que deben adoptar, tanto vendedoras/es como usuarias/os, seguindo as recomendacións da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp):

Ábrese o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal

O Departamento de Benestar Social do Concello de Catoira informa que se abre de novo o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2020/2021, que quedou suspendido ao decretarse o estado de alarma, e que agora se reactiva por necesidade de xestión do servizo.

As persoas interesadas poden presentar a solicitude, tanto para renovación de praza (para alumnado que xa estivo matriculado no curso 2019/2020) como para novo ingreso, dende o 8 de maio ata o 8 de xuño.

Os formularios de solicitude poden descargarse e presentarse telematicamente a través da sede electrónica do Concello (https://catoira.sedelectronica.gal/), ou ben presencialmente no Departamento de Benestar Social solicitando cita previa por teléfono (986 546 014).

Retómase o servizo de recollida de residuos voluminosos

O vindeiro luns 4 de maio reiníciase o servizo de recollida de residuos voluminosos.

As persoas que precisen utilizar este servizo deberán contactar telefonicamente co Concello (tf. 986546014) para comunicar o enderezo e identificar os residuos a recoller.

Lembramos que este servizo só recolle residuos domésticos, NON SE RECOLLEN residuos de obras (cascallos, pezas de baño, etc.).

Top