A Ruta dos Vikingos estivo presente na Feira do Libro de Madrid

Durante a primeira quincena de xuño o Paseo do Retiro, en Madrid, acolleu unha exposición fotográfica organizada polo Consejo de Europa en España na que se mostraban imaxes dos diferentes itinerarios culturais do COE. Entre as imaxes podía verse esta chamativa fotografía remitida polo Concello de Catoira para representar a Ruta dos Vikingos, da que este municipio forma parte.

A mostra podía visitarse desde o 30 de maio ao 15 de xuño, coincidindo coa celebración da Feria del Libro de Madrid, á que acude máis de medio millón de persoas cada ano.

O Concello convoca procesos selectivos para a contratación de 2 socorristas e 1 traballador/a forestal

O Concello de Catoira informa da convocatoria de dous procesos selectivos para a contratación de:
– 2 socorristas para a Piscina Municipal
– 1 traballadora/or forestal
As persoas interesadas en optar a estes postos deberán estar inscritas, no código correspondente, no Servizo Público de Emprego. A Oficina de Emprego de Vilagarcía preseleccionará as/os candidatas/os.
Poden consultarse todos os requisitos e información na sede electrónica:

Bolsa de emprego de operarias/os

13 Maio 2025

Publícase a acta de puntuacións definitivas do  concurso  de  méritos   do  proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operarios de servizos múltiples.

https://catoira.sedelectronica.gal/board 

 

5 Maio 2025

Publícase a acta  de  puntuacións  provisionais  do  concurso  de  méritos   do  proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operarios de servizos múltiples.

https://catoira.sedelectronica.gal/board 

 

13 Febreiro 2025

Tras a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, mañá ábrese o prazo para presentar as solicitudes para participar no proceso de creación da bolsa de emprego.

Prazo: do 14 de febreiro ao 28 de febreiro, ambos incluídos.

Pode consultarse o anuncio e descargar o modelo de instancia na sección “Anuncios” da sede electrónica.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

4 Febreiro 2025

O Goberno local aprobou as bases para a creación dunha bolsa de emprego de operarias/os de servizos múltiples mediante concurso de méritos. O obxectivo é cubrir postos vacantes de maneira temporal e atender necesidades puntuais dos servizos municipais.

POSTO: Operaria/o de Servizos Múltiples
RÉXIME: Persoal laboral temporal
XORNADA: Completa
RETRIBUCIÓNS: 1.258,92 € brutos en 14 pagas

O prazo de presentación de instancias aínda NON ESTÁ ABERTO. Será de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP de Pontevedra.

As bases íntegras están dispoñibles na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira:

https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

A Deputación concede unha axuda para contratación de persoal

A Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Catoira unha subvención de 93.227,87 € ao abeiro do PLAN +PROVINCIA PARA A ACTIVACIÓN DO
EMPREGO 2025 (LIÑA 3), para a realización do proxecto “BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS 2025”, e suporá a contratación de 8 traballadoras/es desempregadas/os, durante 8 meses (7
traballadoras/es) e 7 meses (1 traballadora/or).
A subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 21 de febreiro de 2025, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da devandita convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 25 de febreiro.
O proxecto iniciouse o pasado día 24 de abril e deberá rematar antes do vindeiro 31 de decembro.

A Deputación concede unha subvención para a programación cultural anual do Concello

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Catoira unha subvención ao abeiro do Plan de obras e servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2025, Liña 2, por resolución presidencial de data 2/04/2025.

Dentro desta liña, concedeuse unha axuda por importe de 40.301,63 euros para o proxecto solicitado ao abeiro do epígrafe “Gastos derivados da programación cultural, deportiva ou social”, que estará destinada á programación cultural anual de 2025 do Concello de Catoira.

 

Proceso de selección para a contratación urxente dunha/dun administrativa/o

7/04/2025

O Concello publicou hoxe as puntuacións definitivas obtidas no concurso de méritos do proceso selectivo para a contratación dunha/dun administrativa/o substituta/o, en réxime de funcionaria/o interina/o, co obxecto de cubrir o posto vacante con carácter temporal por ausencia do seu titular.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

25/03/2025

O Concello publicou hoxe as puntuacións obtidas no concurso de méritos do proceso selectivo para a contratación dunha/dun administrativa/o substituta/o, en réxime de funcionaria/o interina/o, co obxecto de cubrir o posto vacante con carácter temporal por ausencia do seu titular.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

25/02/2025

O Concello publica unha convocatoria de emprego para buscar de maneira urxente persoal administrativo que axilice expedientes, contratos e subvencións. O goberno local quere cubrir a baixa médica dun funcionario municipal e pretende facelo sacando a concurso a praza por vía interina cun salario bruto de 2.257 euros ao mes. Para a selección teranse en conta os méritos realizados nas administracións públicas e empresas privadas. O prazo para a presentación de solicitudes e documentación finaliza o luns 3 de marzo 2025.

Poden consultarse as bases da convocatoria na sección “Anuncios” da sede electrónica municipal.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

 

Fallo do premio do concurso de disfraces e comparsas do Entroido 2025

Unha vez que as/os concursantes desfilaron na forma establecida pola organización do certame, celebrado o domingo 2 de marzo de 2025, e tendo en conta o establecido nas bases deste concurso, o xurado, tras as votacións correspondentes, acordou conceder os seguintes premios.

  • CATEGORÍA INFANTIL:

PREMIO (Vale 50 euros): FÓRMULA UNO

PREMIO (Vale 50 euros): AS TRES SALSAS

PREMIO (Vale 50 euros): NUBE KINTON

  • CATEGORÍA ADULTAS/OS:

1º PREMIO (100 euros): O PILAR DO ECOSISTEMA

2º PREMIO (75 euros): DIVAS DE HOLLYWOOD

3º PREMIO (50 euros): MALAGUEÑAS SALEROSAS

  • CATEGORÍA COMPARSAS:

1º PREMIO (500 euros): OS SEGURIÑOS

2º PREMIO (300 euros): REBELIÓN DE PITIÑOS

3º PREMIO (200 euros): LEGO LA COMPARSA

O Concello asfaltará as pistas de As Penas e Fabeira

O Concello de Catoira vai renovar este ano o firme das pistas de As Penas e Fabeira, na parroquia de Oeste. O goberno local conseguiu unha subvención da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que cubrirá o 100% do orzamento necesario para as actuacións, un total de 48.506 euros.

Nas Penas actuarase sobre unha lonxitude de 457 metros e na de Fabeira en 288 metros, acometendo melloras no firme e tamén actuacións de seguranza viaria, drenaxes, noiros, reforzos de cunetas e sinalización.

AGADER e a UE subvencionan a mellora de camiños municipais

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, concedeu, ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan  marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) da Unión Europea ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, unha axuda por importe de 46.779,00 €, para o proxecto de “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS –  FASE VII –  PLAN MELLORA CAMIÑOS  MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2024-25”, que  ten un orzamento de 55.660,00 €.

A  subvención foi concedida por Resolución da Directora Xeral de AGADER de 7 de maio de 2024, e comunicada á administración municipal na mesma data.

 

Top