A exposición “Galicia Escandinava” pode visitarse no CACTO ata o 23 de agosto

A EXPOSICIÓN “GALICIA ESCANDINAVA” PODE VISITARSE NO CACTO ATA O 23 DE AGOSTO

Desde hoxe a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela” pode visitarse no CACTO (Centro de Activación Cultural Torres de Oeste), situado na entrada ao recinto (Paseo de Xelmírez, 2)

O Concello de Catoira acordou coa Fundación Carlos Casares a ampliación do prazo de exposición ata o 23 de agosto, e o traslado da mesma a este centro, dado que deste xeito pode visitarse en horario de mañá e tarde, coincidindo coa apertura da oficina de turismo, e permite realizar a visita conxunta a esta mostra e mais á exposición fotográfica “A Romaría Vikinga no obxectivo”, que se encontra no mesmo centro.

Horario de visita:
11:00 a 13:30 (martes a domingo)
17:00 a 19:30 (martes a xoves)
17:00 a 20:30 (venres e sábados)

O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia, Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas), con Galicia a través Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir, dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo e a forxa da unidade cultural europea. A exposición bota as súas raíces nos traballos do medievalista Vicente Almazán (1924-2006), e no seu amor por Galicia.

Fallo do concurso de fotografía Romaría Vikinga

Este martes, 21 de xullo, reuniuse o xurado do Concurso de Fotografía Romaría Vikinga, convocado polo Concello de Catoira, para fallar os premios do certame.

Tras unha análise de cada unha das fotografías presentadas e das pertinentes deliberacións, procedeuse a outorgar os premios recollidos nas bases.

1º PREMIO, dotado con 1500 euros:

Título: “1 Retratos Catoirenses  2012”

Autor/a: José Ángel Paz Gil (Cangas do Morrazo)

1 Retratos Catoirenses 2012

2º PREMIO, dotado con 750 euros:

Título: “Genealogía I”

Autor/a: Gorka Gómez Echevarría (Gipuzkoa)

Genealogía I

3º PREMIO, dotado con 300 euros:

Título: “Abordaxe”

Autor/a: José Varela Pardo (A Coruña)

Abordaxe

Neste concurso participaron 18 persoas, cun total de 53 fotografías. Nos vindeiros días o Concello de Catoira organizará unha exposición coas tres fotografías premiadas, máis outras 20 seleccionadas polo xurado entre as presentadas ao certame.

 

 

Abre ao público a pisicina municipal

HORARIO: de luns a domingo de 12,00 a 20,00 h.
PREZOS:
Adultos: 1,50 € – Nenos/as ata 12 anos: 1,00 €
Bono Adultos (20 días): 25,00 € – Bono Infantil (20 días): 12,00 €
BONIFICACIÓN: Os/as veciños/as de Catoira que posúan o Título de Familia Numerosa terán unha bonificación do 50% nestes prezos presentando un carné específico que deberán recoller previamente no departamento de Servizos Sociais do Concello.
POR MOR DA SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19 É OBRIGATORIO SEGUIR ESTRITAMENTE AS INDICACIÓNS DOS SOCORRISTAS.
O uso do gorro de baño será OBRIGATORIO, tamén a máscara nas zonas comúns.
O aforo da piscina é de 75 persoas.

Convócase un posto de informador/a turístico/a

O Concello de Catoira abre prazo para que os interesados/as poidan inscribirse na BOLSA DE EMPREGO para cubrir un posto de informador/a turístico/a.

  • TIPO DE CONTRATO: LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL (18 horas semanais, distribuídas de martes a domingo, en horario de mañá e tarde).
  • DURACIÓN DO CONTRATO: 5 meses
  • RETRIBUCIÓN: 6.872,95 Euros brutos.
  • TITULACIÓN MÍNIMA ESIXIDA: Algunha das seguintes titulacións: Diplomatura-Grao en Turismo, Ciclo superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou Ciclo Superior en Comercialización Turística e Guía, Certificado de profesionalidade e promoción turística local e información ao visitante (Código HOTI0108).
  • VALORARASE: Formación complementaria e experiencia en posto similar.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN NA BOLSA DE EMPREGO: do 10 ao 16 de Xullo.
  • INSCRICIÓNS: Deberán aportar un Curriculum Vitae actualizado e documentación que avale os méritos alegados e a titulación esixida.
  • INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: DEPARTAMENTO DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL.

O Concello convoca un concurso de fotografía sobre a Romaría Vikinga

O Concello de Catoira convoca un concurso de fotografía sobre a Romaría Vikinga.

Dado que a crise sanitaria provocada polo coronavirus obrigou á cancelación da celebración do 60 aniversario da festa, o Concello decidiu convocar un concurso de fotografía a través do que poder mostrar as mellores instantáneas de edicións anteriores nunha exposición.

As persoas interesadas en presentar as súas fotografías, poden consultar as bases na seguinte ligazón:

20200630BasesFotografíaGal

 

Top