BONO CULTURAL DE 400 EUROS PARA NACIDAS/OS NO ANO 2004

O Bono Cultural é unha axuda económica destinada ás persoas que nacesen no ano 2004. O prazo de solicitude deste bono abriuse o pasado 25 de xullo, e permanecerá aberto ata o 15 de outubro.
A axuda económica proporcionada polo bono cultural estará dividida en tres apartados para fomentar o descubrimento de diversas actividades culturais:
• O 50% será destinado a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais
• Un 25% será destinado a produtos en soporte físico
• Outro 25% será destinado a consumo dixital ou en liña
Para máis información sobre como solicitar esta axuda:

Catoira presumirá de gastronomía local o próximo 18 de agosto co evento “saborEarte”

A terraza da Casa do Concello será escenario dunha mostra de cociña con degustación como parte das actividades de ‘saborEarte’. O proxecto, integrado no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, busca a promoción do Camiño
desde o punto de vista gastronómico.

As persoas interesadas en participar neste evento gratuíto deberán inscribirse por teléfono ou correo electrónico.

O xoves 18 de agosto, Catoira ten unha cita co mellor da súa gastronomía no evento gratuíto ‘saborEarte’. Será a partir das
19:00h cando a terraza da Casa do Concello albergue un showcooking con degustación baseado nos produtos de proximidade do municipio. A iniciativa, promovida polo programa Ou Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e liderada polo cociñeiro Miguel Mosteiro, busca poñer en valor as gastronomías do Camiño como recurso de alto valor turístico. O acto servirá tamén para inaugurar a terraza do edificio consistorial, recentemente acondicionada para acoller actividades municipais.
Na súa segunda edición, o proxecto ‘saborEarte’ quere continuar destacando o potencial turístico da cociña de proximidade dos distintos roteiros do Camiño. Para iso servirase de eventos gastronómicos nos que os participantes terán a oportunidade de asistir a un showcooking baseado en produtos quilómetro cero e degustar as diferentes propostas elaboradas en directo polo cociñeiro Miguel Mosteiro.

Ademais de presentar algúns dos produtos máis destacados da zona e sinalar o seu potencial para a promoción local, os eventos ‘saborEarte’ abordan outras cuestións estreitamente ligadas á cociña de proximidade como a ecoloxía e o desenvolvemento
sostible.

Cada xornada contará tamén cun pequeno taller de fotografía gastronómica, a cargo do fotógrafo Adolfo Enríquez. A súa misión será mostrar aos asistentes como sacar o maior partido ás instantáneas de pratos e produtos, multiplicando o seu atractivo e potencial como reclamo turístico. As imaxes resultantes empregaranse para deseñar unha mostra itinerante que volverá aos concellos participantes no mes de setembro.

A de Catoira será a segunda das cinco citas que, ao longo do mes de agosto, percorrerán municipios integrados no Roteiro do Mar de Arousa e Río Ulla, Camiño Francés, Camiño Inglés e Camiño de Inverno.

A participación na actividade é totalmente gratuíta, con prazas limitadas para 30 persoas. A inscrición para o evento deste xoves xa pode realizarse a través do teléfono 986546014 (departamento de cultura) ou do correo electrónico concello.catoira@eidolocal.es (indicando no asunto “inscripción saborEarte”)

NOTA DE PRENSA

Ante a manifestación convocada para o venres ao serán no noso municipio de Catoira, para protestar pola iniciativa dunha empresa privada de ubicar un almacén de pirotecnia no lugar de Coaxe, esta Alcaldía quere saír ao paso do montón de falsidades que se están a manexar, seguramente alentadas polo BNG, grupo político que xa demostrou a súa incompetencia como gobernantes, pero que non lles importa utilizar a mentira como arma política:
1º.- É absolutamente falso que exista ningunha instalación que teña permiso para a actividade de almacén de pirotecnia, e se chega a existir, será porque as administracións que teñen competencia na materia e as facultades legais para autorizalo, é dicir, a administración Autonómica e a do Estado, o permiten cos seus informes favorables.
2º.- Esta administración municipal tomou razón, polo procedemento de obra menor e comunicación previa, da solicitude para a construción dun galpón para almacén de apeiros de labranza é, polo tanto, ese é o destino da obra e non outro, posto que, como queda dito, se a empresa promotora quere dedicar o galpón a outra actividade, terá que contar cos informes e autorizacións sectoriais (da Xunta e do Estado) que o permitan, así como tramitar o oportuno expediente de actividade ante esta administración municipal, que actuará en consecuencia coa
lexislación vixente, o que, ata a data, non ten acaecido.
3º.- Polo contrario, esta Alcaldía dirixiuse, con data do 1º de xullo, á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para que se lle informara da existencia, ou non, da iniciativa que causa tanta preocupación na veciñanza, recibindo a contestación en forma de escrito, datado o día 5 do mesmo mes, solicitando que se emitira un informe sobre a posibilidade urbanística da construción dun almacén de produtos pirotécnicos.
4º.- Esta Alcaldía, con data do 19 de xullo, remitiu á Subdelegación o informe requirido, que remataba do xeito seguinte: “quero deixar claro, unha vez máis, a miña oposición á concesión de autorización administrativa a PIROGAL PIROTECNIA, S.L., para o establecemento do depósito-taller de cartuchería o pirotecnia a ubicar no Perneto, lugar de Coaxe, parroquia de Dimo, deste termo municipal, e a miña rotunda desconformidade coa execución da citada iniciativa empresarial.”
5º.- Toda esta información a coñecen, de primeira man, as persoas que lideran este malestar veciñal, en conivencia con BNG, xa que logo esta Alcaldía mantivo unha reunión persoal con elas e tiveron ocasión de examinar o expediente do galpón, así como obter copias da documentación do mesmo, por isto faltan á verdade cando acusan á Alcaldía de ocultar datos ou de falta de información, pois os seus intereses non son tanto os de defender aos veciños como os de atacar á miña persoa utilizando a mentira, a falsidade e o insulto.
Pregúntome, por último, si estas persoas, que supoño son membros da Comunidade de Montes en Man Común de Dimo, foron informadas polo Presidente da citada Comunidade e a súa
Directiva, da venta da parcela e da intención da empresa de pirotecnia de dedicala á citada actividade, é dicir, se recibiron toda a información oportuna como esta Alcaldía ten ofrecido ao longo destes días.
Catoira, 11 de agosto de 2022..- Asdo. Alberto García García.

A ROMARÍA VIKINGA VOLVE Á NORMALIDADE BATENDO RÉCORD DE PÚBLICO

Aínda que a Romaría Vikinga estivo presente estes dous últimos anos de pandemia, foi nesta 62 edición cando se recuperou a normalidade, e superando todas as expectativas.
 
O alcalde, Alberto García, destaca que non se rexistrou ningunha incidencia que puidese alterar o desenvolvemento das distintas actividades programadas e cualifica de rotundo éxito a organización e o público que se rexistrou nestes días. Nos concertos do Vikinsons congregáronse unhas 6000 persoas cada día, e o Desembarco rexistrou a maior afluencia de público da historia de festa. Nesta semana estímase que se achegaron a Catoira máis de 130.000 persoas.
 
O Goberno local agradece a implicación das distintas institucións e entidades colaboradoras, así como do persoal do Concello, dos voluntarios, das/os veciñas/os de Catoira participantes, e da cidadanía en xeral, que soubo gozar desta magnífica festa con responsabilidade.

PROGRAMACIÓN DA 62 EDICIÓN DA ROMARÍA VIKINGA DE CATOIRA 2022

TEATRO:
 
Fragmentos de Apocalipse. Escola Municipal Úrsula Teatro de Catoira 2, 3, 4 de agosto / 22:00 h Recinto das Torres de Oeste
 
 
ANIMACIÓN:
Alameda do Concello
  • Circo Chosco – Oh Pera / Mércores 3 de agosto / 12:00 h
  • Crunch! Muu / Venres 5 de agosto / 20:15 h
  • Os Bregadiers / Venres 5 de agosto / 21:15 h
  • Upsala Medieval:
    • Sábado 6 de agosto / 19:00 h / Alameda do Concello
    • Sábado 6 de agosto / 22:00 h / Pasarrúas desde a Avenida Eloy Domínguez ata a Praia fluvial
VIKINSONS
 
Praia Fluvial de Catoira
  • Tanxugueiras – Batucada os Vikingos – Sacha na Horta / Venres 5 de agosto / 23:00 h
  • Os Vacalouras – Heredeiros da Crus / Sábado 6 de agosto / 23:00 h
 
 
DESEMBARCO VIKINGO
 
Domingo 7 de agosto / Recinto das Torres de Oeste
  • 10:00 h Pasarrúas desde a Alameda do Concello ata as Torres de Oeste:
    • Pandeireteiras Muíños do Vento
    • Brisas do Río Ulla
    • Aires do río vello
  • 11:00 h Mexillonada e viño tinto do Ulla e mercado medieval
  • 12:00 h Actuacións de Troula e Upsala Medieval
  • 13:00 h Dramatización do desembarco vikingo
  • 13:45 h Actuacións de Troula e Upsala Medieval
  • 14:00 h Xantar campestre

ROMARÍA VIKINGA 2022 (MERCADO E DESEMBARCO)

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE POSTOS NO MERCADO DA ROMARÍA VIKINGA 2022

Solicitude de postos no mercado da Romaría Vikinga 2022

Prazo: Do 27 de xuño ao 29 de xullo.

Podense descargar as Bases e o formulario de inscripción no taboeiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Catoira.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

Podese presentar a solicitude a traves dunha instancia xenérica na propia sede electrónica adxuntando o formulario cuberto e asinado. Tamén poden enviar o formulario cuberto ao correo electrónico culturaconcellocatoira@gmail.com

 

O DÍA 1 DE XULLO ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN COMO TRIPULACIÓN NO DESEMBARCO VIKINGO 2022

Solicitude de participación como tripulación no Desembarco Vikingo 2022

Prazo: Do 1 ao 22 de xullo.

Podense descargar as Bases e o formulario de inscripción no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Catoira.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

Podese presentar a solicitude a traves dunha instancia xenérica na propia sede electrónica adxuntando o formulario cuberto e asinado. Tamén poden enviar o formulario cuberto ao correo electrónico culturaconcellocatoira@gmail.com

O ALUMNADO DAS ACTIVIDADES DE VERÁN ACHÉGASE Á FIGURA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A rapazada que asiste ás actividades lúdicas de verán do Concello gozou esta mañá da actuación da compañía Polo Correo do Vento, coa actividade “De Valdeorras a México. Terra A Nosa”, promovida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para homenaxear a figura de Florencia Delgado Gurriarán, a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

O MÉRCORES, 6 DE XULLO, ÁBRESE Ó PÚBLICO A PISCINA MUNICIPAL.

HORARIO: de luns a domingo de 12,00 a 20,00 h.


PREZOS:
  • Adultos: 1,50 € – Nenos/as ata 12 anos: 1,00 €
  • Bono Adultos (20 días): 25,00 € – Bono Infantil (20 días): 12,00 €
BONIFICACIÓN: Os/as veciños/as de Catoira que posúan o Título de Familia Numerosa terán unha bonificación do 50% nestes prezos presentando un carné específico que deberán recoller previamente no departamento de Servizos Sociais do Concello.
O uso do gorro de baño será OBRIGATORIO.
O aforo da piscina é de 72 persoas.


Top