• 10 Marzo, 2023
  • 17:00
  • Auditorio Municipal

A INICIATIVA CIVIL NA DIGNIFICACIÓN DAS VÍTIMAS

Na tarde do venres, 10 de marzo, con entrada de balde ata completar aforo e comezando ás 17 horas nas instalacións e no salón do AUDITORIO MUNICIPAL DE CATOIRA, terá lugar unha xornada conformada por dúas diferentes mesas redondas que facilitarán sendos parladoiros coa participación de relevantes personalidades sobranceiras, na súa traxectoria pública, na causa da Memoria Democrática, pola súa actuación xudicial ou no marco do impulso legal; e máis aínda pola investigación, estudo, publicacións e realización de procesos de catalogación, exhumacións e outras actividades fundamentais no labor de dignificación das vítimas da represión franquista.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Catoira, coa cesión do lugar da reunión e outras axudas que facilitan a materialización dun encontro que poderá seguirse en directo a través da rede de internet, na canle: https://www.youtube.com/@ofaiadodamemoriavilagarcia

RELACIÓN DE PERSOAS QUE PARTICIPARÁN NA XORNADA:

  • Baltasar Garzón Real. Xurista. Asesor do Tribunal Penal Internacional. Como xuíz tivo ao seu
    cargo as investigacións dalgúns dos delitos de máis grande transcendencia pública en causas de
    crimes contra a humanidade, corrupción política, narcotráficos e outros.
  • Dolores Delgado García. Fiscal do Tribunal Supremo. Membro da Unión Progresista de Fiscais.
    Foi responsábel da Fiscalía Xeral do Estado; logo de ser ministra de Xustiza.
  • Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático, director de Historia Contemporánea na USC, do
    proxecto Nomes e Voces, a represión franquista en Galiza, e do grupo HISTAGRA.
  • Santiago Macías Pérez, escritor, colaborador de medios de comunicación e fundador da
    asociación ARMH. Autor de varios libros da Memoria. O último “El monte o la muerte”.
  • Xosé Álvarez Castro, historiador, autor de varios libros de Memoria Histórica. Entre eles: “Os
    anos do silencio. Represión e resistencia na provincial de Pontevedra” (1936-1951).
  • Xoán Carlos Garrido Couceiro. Investigador social, profesor de filosofía e director IES Chano
    Piñeiro, é autor de varias publicacións sobre nacionalismo e represión franquista.
  • Eliseo Fernández Fernández. Historiador e bibliotecario galego. Autor especializado no
    anarcosindicalismo en Galiza e na diáspora da emigración; e nas bibliotecas obreiras.
  • Eleonore Haddidou. Investigadora internacional en historia e antropoloxía social.
    Emilio Crespo Correa. Director da Área de Estudos Socio-Económicos da Fundación “10 de
    Marzo” de recuperación da historia dos movementos sociais nos anos do franquismo.
  • Fernando Serrulla. Responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina
    Legal de Galicia. Destacado na investigación forense de violacións dos dereitos humanos. Director
    da Revista Internacional de Antropoloxía e Odontoloxía Forense.

Entrada libre ata completar aforo.

A iniciativa civil na dignificación das vítimas

 

Top