• 5 August, 2023
  • 14:30
  • Torres de Oeste

XANTAR VIKINGO consistente en:

Empanadas de atún e carne, lagostinos, mexillóns, polbo, churrasco con patacas fritidas, rosca, café, licores galegos, viño do Ulla (branco e tinto), auga, refrescos ou cervexa.

Sábado 5 de agosto a partir das 14:30. Apertura de portas á 13:30.

Torres de Oeste. Catoira.

Imprescindible asistir caracterizado de vikingo.

Venda de entradas aquí.

 

 

DESFILE INFANTIL DE VESTIARIO VIQUINGO

Participación: Poderán participar neste concurso todas as nenas/os de ata 12 anos (incluídos) empadroadas no Concello de Catoira.

Requisitos do vestiario: O vestiario deberá axustarse, o máximo posible, ao empregado polos viquingos segundo os estudos históricos e arqueolóxicos. Neste sentido, non se poderán empregar cascos con cornos. Poden consultar información e imaxes na web followthevikings.com

Incentivo: As/os participantes recibirán un incentivo de 25 euros/participante, que lles será aboado posteriormente ao desfile.

Inscrición: As persoas interesadas deberán inscribirse no departamento de Cultura do Concello antes do 30 de xuño de 2023, presencialmente ou a través da sede electrónica, achegando unha solicitude cos datos da persoa representante e da/o menor. A participación no desfile implica a aceptación de difusión de imaxes das/os menores.

Desfile: O desfile partirá o sábado 5 de agosto ás 17:00 horas do CACTO e finalizará no escenario das Torres de Oeste. As/os menores deberán estar diante do CACTO ás 16:45 h. Aquelas/es que non se inscribiran previamente, que non se presenten ou non queiran desfilar non recibirán o incentivo.

O Concello de Catoira resérvase o dereito a cancelar esta actividade no caso de que se rexistrase unha participación moi baixa.

Top