• 4 August, 2023
  • 22:00
  • Alameda da praia fluvial de Catoira

LUAR NA LUBRE

Fundado no ano 1985 na cidade de A Coruña, leva vendidas máis de 400.000 copias dos seus traballos discográficos. Teñen unha capacidade de convocatoria salientable que se mantén ao longo do tempo.

Chegarán a Catoira presentando o seu traballo número XX chamado “Encrucillada” que se porá á venda nos próximos días.



SKÁLD

Colectivo nórdico mundialmente famoso de Francia con máis de 245.000 discos vendidos e millóns de visitas en plataformas de streaming. (O 10 de maio pasado publicaron nas súas redes que en todo o mundo xeráranse 500 millóns de streams ata esa data) Son un grupo referente do estilo folk vikingo en europa.

O concerto de Catoira forma parte da súa xira europea por 15 países, que continuará por Norte América en diversas localizacións de Canadá e Estados Unidos na que están a presentar o seu novo disco “Huldufólk”.

Nas súas cancións exprésanse en nórdico antigo, pero tamén en sueco, noruego, islandés, danés e incluso en feroés. Desde o ano 2018, a percusión chamánica e os instrumentos tradicionais de esta agrupación veñen amosando a súa eficacia en todo o mundo. A dia de hoxe, a de Catoira será a súa única data en España.

Top