- 10 Novembro, 2021
- 10:30
- Sala Celso Emilio Ferreiro Edificio Multiusos Concello de Catoira
O vindeiro mércores, 10 de novembro, celébrase en Catoira a xornada temática “Los vikingos y el vino en Galicia”. O evento terá lugar na sala Celso Emilio Ferreiro do Concello de Catoira e inclúe o acto de presentación do libro “Los vikingos en Galicia”, de Eduardo Morales. A este acto asistirá -invitado polo alcalde Alberto García- o presidente da Destination Viking Association (DVA) Ole Madsen.
Este evento supón o inicio dun proxecto que ten previsto levar a cabo o Concello de Catoira o vindeiro ano, e que inclúe a celebración dun seminario sobre os vínculos entre os itinerarios culturais Ruta dos Viquingos e o Camiño de Santiago, así como un estudo para trazar unha ruta viquinga entre Catoira e Santiago de Compostela. O seminario levarase a cabo durante a primeira semana de agosto de 2022, coincidindo coa celebración da Romaría Vikinga e da Festa do Albariño, ambas celebracións recoñecidas como festas de Interese Turístico Internacional. Un dos obxectivos deste proxecto, que conta co apoio da Xunta de Galicia, é aproveitar as relacións entre estas rutas para promover a internacionalización das dúas celebracións.
Programa:
- 10:30 Benvida do alcalde de Catoira, Alberto García
- 10:45 Presentación de Eduardo Morales: “Los vikingos en Galicia”. Ex-chanceler da Embaixada de España en Dinamarca, arqueólogo e investigador, autor de numerosos artigos e publicacións sobre a cultura escandinava e sobre os viquingos.
- 11:30 Presentación de Ole Madsen: Destination Viking Association. Director do Museo Arqueolóxico da Universidade de Stavanger (Noruega).
- 12:00 Jorge Vila Fernández: presentación sobre o viño albariño. Catador e director da Galicia Wine Academy.
- 12:30 Cata de viños albariños.
- 13:00 Clausura a cargo do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Este acto de presentación está aberto a tódolos veciños que queiran acudir.
Lembramos tamén que a biblioteca pública municipal conta con exemplares do libro para o seu préstamo.