- 17 Abril, 2026
- 20:00
- Biblioteca Municipal de Catoira
Presentación do libro “Terra de sacrificio” e coloquio co autor, Suso de Toro.
Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París.
Actividade incluída na programación “Catoira é libre, Catoira é libro” deseñada para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.
A entrada é libre ata completar aforo.


