- 6 Novembro, 2022
- 19:00
- Auditorio Municipal
SMOKE ON THE WATER EN CATOIRA
O domingo 6 de novembro, ás 19:00 horas, a compañía Ibuprofeno Teatro estará no Auditorio Municipal de Catoira coa súa última produción: Smoke on the water.
Esta actuación está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro do programa “Tornar ás táboas”. A entrada será gratuíta e libre ata completar o aforo da sala (442 butacas).
Santiago Cortegoso, o autor e director de “Smoke on the water”, somérxenos nunha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.
Categoría: público adulto.
Sinopse
Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este “status quo” absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.
A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financieiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.
Ficha artística
- Elenco:
- Josito Porto: Ritchie
- Belén Constenla: Janis
- Adrián Ríos: Alex
- María Costas: Amparo, Joan Baez
- Mon Orencio: Músico en escena
- Dirección e texto: Santiago Cortegoso
- Movemento escénico e axudantía de dirección: Carmela Bueno
- Espazo escénico: Pablo Giráldez ‘O Pastor’
- Deseño de iluminación: Salvador del Río
- Deseño de vestiario: Marián Bañobre
- Xastra: Bety Busto
- Caracterización: Baia Fernández
- Espazo sonoro e dirección musical: Mon Orencio
- Imaxe: Diego Seixo
- Técnico en xira: Héctor Pazos
- Cobertura técnica: Ningures Produción S.L.
- Vídeo: José V. Estonllo
- Produción: Marián Bañobre
- Produción e comunicación: Fátima R. Varela
- Distribución: Ibuprofeno Teatro S.L.