- 2 February, 2025
- 19:00
- Auditorio Municipal de Catoira
Pre-estrea de “Reconversión”, a nova obra escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, presentada por Ibuprofeno Teatro.
Trátase dun espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
“Reconversión” é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80. Esta peza é unha viaxe desde a posguerra ata o “Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
“Reconversión” é o resultado dunha colaboración especial entre o Concello de Catoira e Ibuprofeno Teatro, xa que a compañía realizou unha residencia artística na nosa vila para preparar esta gran produción.